PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Coñecemos o novo selo editorial ‘Cuarto de inverno’. Conversamos coa editora Andrea Jamardo e a autora dun dos primeiros títulos Tamara Andrés que nos presenta ‘Irmá paxaro’.
‘Fosforescencias’ de Lupe Gómez na ollada de Alba Cid no comentario de poesía. O volume publicado por Alvarellos é un libro de cartas e de afectos.

Dodro recorda a Eusebio Lorenzo Baleirón

Eusebio Lorenzo Baleirón finou en 1986, con só 24 anos. O seu concello natal recórdao cun premio de poesía cuxa trixésimo segunda edición acaba de gañar un poeta mozo, Antón Blanco Casás. Ademais, Dodro estrea a ruta “Os días olvidados”, que percorre os lugares nos que viviu Lorenzo Baleirón.

Pin It on Pinterest