PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:10

Faladoiro sobre o libro galego: balance de 2019 e expectativas para 2020. Participantes: Daniel Asorey da Asociación de Escritoras en Lingua Galega; Henrique Alvarellos, da Asociación Galega de Editoras; e Antonio Fernández Maira, impulsor das feiras do libro en Galicia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Celia Díaz publica a novela ‘Corte e confección’. Exposición Galicia, Un relato no mundo.Manuel Gago vai elixir e comentar catro pezas singulares e pouco coñecidas que se se poden ver na mostra.  

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Alfredo Conde presenta ‘Homes de ferro’. O escritor novela o tráxico final de catro amigos irlandeses que construíron un bote para facer o Camiño por mar dende Dublín a Compostela. A obra publicada por Ézaro forma parte dun proxecto máis amplo que promoven Buxa, a Asociación Galega do Patrimonio Industrial.

Os dous últimos libros do premio Eusebio Lonrezo Baleirón no comentario de poesía de Alba Cid. Estes abordan ‘Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo’ de Carlos Penela e ‘o lugar que non hai’ de Estevo Creus.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:15

Diario Cultural Onda Vital especial final de ano con Faia Díaz, Matías Tarrío e Cibrán Tenreiro.

Podcast do ‘Diario Cultural’ das 09:30

Estrea de ‘Lambetadas’, de Talía Teatro. Guadi Galego leva hoxe ao Auditorio Municipal de Cedeira o seu disco ‘Immersión’. 

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Un retorno sempre a medias. Coñecemos ‘A auga do lobo’ o primeiro poemario da promotora musical Cristina V. Preséntase mañá en Compostela a obra editada por Toxosoutos e ilustrada por Camila Vieitez. Unha viaxe Galiza -Madrid – Galicia entre o familiar e o salvaxe.

Libros nos que navegar e ver mundo. Montse Pena fálanos da tradución de `Pippi Mediaslongas nos mares do sur’ que edita Kalanadrala e de ‘A tartaruga Amadovou’ de Paula Carballeira e Ana Seixas publicado en Oqueleo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

A Fundación Rosalía de Castro promove a campaña ‘Amiga de Rosalía’. Entrevista con Anxo Angueira, presidente.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Ourense acolle a XVI Mostra de Teatro Infantil de Ourense, MOTI Ourense. Carteleira de cine.

Pin It on Pinterest