PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

VI Mascarada Ibérica (2020) en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Carteleira de cine con Begoña Vázquez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Álex Losada súmase a Alberto Grandío como programador no Clavicembalo. Colaboración de Carlos Portela sobre banda deseñada.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Galaxia cumpre 70 anos con edicións só en galego. Conmemorará a efeméride cun novo logo, publicacións específicas, recuperacións  de edicións da ‘Revista Nós’ e actos sociais . Entrevista ao director, Francisco Castro.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Entrevista con Elías Knorr (Elías Portela). Presentou o 19 de decembro na Libraría Chan da Pólvora de Compostela o libro ‘O prezo do inverno’, poemario bilingüe islandés-galego, de Tulipa Editora. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Curso ‘Historia da moda. Alegacións a medida. Indumentaria do Século XX’ no CGAC. Colaboración de Armando Requeixo sobre narrativa.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Clubs de lectura das Bibliotecas Públicas de Oleiros. Entrevista con Cecilia Monllor, coordinadora de dous dos seis clubs de lectura das Bibliotecas de Oleiros. Esteban Batallán, trompetista solista da Chigago Symphony.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Pasearte, a Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates de Santiago Centro . Entrevista ao artista Pablo Barreiro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Ana Moreiras publica ‘Madialeva’, contos gráficos con historias do último século nas terras de Friol. A vella escola de Miraz acolle este sábado a presentación ás doce do mediodía.
O humor une as dúas propostas da colaboración de literatura infanto xuvenil con Montse Pena que nos fala de ‘Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis’ de Chema Heras e Kiko Da Silva e de ‘Luzbell, o demo da bombilla’ de Diego Rosales e Xosé Tomás.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O crítico vigués Ramón Nicolás cumple 30 anos adicándose á crítica literaria. Tamén se celebra o décimo aniversario do seu blog Caderno da Crítica.

Pin It on Pinterest