PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Entrevista a Natalia Alonso pola publicación de ‘A síndrome de Hayworth’. Colaboración de Emilio Españadero sobre música tradicional.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O MUMI VERÍN’20 – I Encontro Profesional de Música Galicia-Portugal é o primeiro mercado de música e cultura que se organiza entre os territorios de Galicia e Portugal. O Consello da Cultura Galega celebra unha xornada sobre ‘O estado da danza en Galicia’ .

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Un novo libro-disco de Paco Montero réndelle homenaxe ao autor das Letras Galegas 2020: ‘Paco Montero canta a Lumieira de Carvalho Calero’. Colaboración de Armando Requeixo sobre narrativa.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Fernando Barroso presenta novo disco ‘POSTÁIS DA ÚLTIMA VIAXE – PARTE II’ . Colaboración de Rosario Sarmiento sobre arte.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Estrea de ‘Auga seca’, serie de Portocabo coproducida entre a TVG e a RTP. A editorial Rinoceronte publica dentro da colección Vétera o libro ‘Antiga cociña romana’, con tradución de  Olga Serrano Santos.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Galaxia publica ‘Habitando historias. 10 experiencias arredor do libro e da lectura’, de Montse Muriano. Colaboración de Alba Cid sobre poesía.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 9:30

Xornadas de Arte e Natureza na Lanzada, coa coordinadora, Carmen Hermo. Colaboración de ciencia co director de Efervesciencia, Manuel Vicente.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Entrevista con Jorge Rivero, director artístico do Festival Pequefilmes. Colaboración musical con Alfonso Espiño.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Carballo Venres Coolturais. A compañía carballesa Galeatro presenta en Carballo “Carabela”, un espectáculo infantil sobre o grave problema ambiental que supón o plástico. Colaboración de Beli Martínez sobre o audiovisual galego.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevista a Fran Núñez, novo director do Centro Dramático Galego.

Pin It on Pinterest