PodCast

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

O galego David Fernández, trompista principal na Filharmónica de Rótterdam, formará a novos músicos. Presentación do MOCA, Museo Online de Cine Autobiográfico, un proxecto impulsado por La Cinematográfica e Cafés Candelas para visibilizar o cinema doméstico e as narrativas en primeira persoa. Colaboración de Carlos Portela sobre banda deseñada.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

A cuarta edición do ciclo Liberdades Sonoras trae distintos xéneros musicais ao Vello Cárcere de Lugo. Entrevista ao director artístico, Iván Arias.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Estrea da primeira tradución ao galego de ‘Poeta en Nova York’ no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo. Entrevista á directora, Paloma Lugilde. Colaboración de Rut Balbís sobre artes escénicas.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Presentación do casting da serie ‘Tres caminos’, unha coprodución de Ficción Producións e Beta Films que pretende promover o Camiño de Santiago de cara ao próximo Xacobeo 2021. Colaboración de Emilio Españadero sobre música tradicional.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Exposición ‘Imaxe de cen anos’, sobre Ricardo Carvalho Calero, no Centro Cultural Torrente Ballester ata o 21 de maio. Entrevista á técnica Emilia Seoane.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

A vida artística de Magín Blanco, no libro- CD O camiño da luz , que acaba de publicar Embora edicións. O seu autor é Carlos Rego, músico en proxectos como Burgas Beat.

A Colaboración de Armando Requeixo: A novela Homes de ferro, de Alfredo Conde, e mais a escrita de Juan Carlos Mestre en 200 gramos de patacas tristes son as propostas que nos trae esta semana Armando Requeixo.

Para o peche de hoxe escoitamos Intemperie, composición de Javier Ruibal e interpretada por Silvia Pérez Cruz. Tema principal da película de Benito Zambrano protagonizada por Luis Tosar, e que recibiu Goya á mellor canción na Gala celebrada en Málaga o pasado sábado.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Sesión especial «Premios Darwin».  A compañía Tarabela Creativa presenta en Numax tres capítulos piloto para unha serie que pon en escena diferentes mortes absurdas recollidas da tradición oral galega. Colaboración sobre arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

“ABRIDE ESCOLAS E PECHARANSE CÁRCERES”, o Ateneo de Santiago acolle esta tarde unha conferencia sobre Concepción Arenal, no 200 aniversario do seu nacemento. Amante das ciencias, non se licenciou en dereito pero sí foi visitadora dos cárceres e denunciou a situación nelas de homes e mulleres. Tiña un concepto particular do ben na vida pública. Pioneira do feminismo, usaba pantalón e tiña vocación filosófica. A profesora Anna Caballé realizou unha minuciosa investigación do perfil de Concepción Arenal. Será quen imparta a conferencia do Ateneo DE Stago ás 20h e nós conversaremos con ella neste DC, no que tamén informaremos da exposición sobre Colmeiro inagurada no MARCO de Vigo. A páxina literaria que iniciamos esta semana, corresponde a “Caldaloba en terras de Valverde” na voz do seu autor, Xesús Rábade.

O Museo Provincial de Pontevedra busca unha nova imaxe corporativa que o identifique nesta etapa de renovación. O consello asesor quere amias fomentar ligazóns co Camiño a Stago. Informa Susana Ares.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Este luns as novas culturais comezámolas falando dos premios Goya de cinema, Benedicta trae para Galicia meiga o Goia á mellor actriz revelación, xunto con Mauro Herce, mellor dirección fotográfica pola película O que Arde, de Oliver Laxe. Tamén conversaremos con Xosé Carlos López Bernárdez, comisario da exposición “Espazos e encadramentos” de Manuel Colmeiro, sita no MARCO de Vigo, e adicaremos un tempo á Música Clásica da man do noso colaborador Luis Miguel Crespo, quen nesta ocasión nos achegará a 2 compositores galegos: Prudencio Piñeiro e Manuel Martí.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 09:30

Maianas presenta o disco ‘De Trisca!’. Colaboración sobre ciencia co director de ‘Efervesciencia’, Manuel Vicente.

Pin It on Pinterest