PodCast

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

A mostra Son eu. Dezaoito autorretratos de Laxeiro. Da  afirmación á disolución do suxeito, con 18 autorretratos de Laxeiro, exponse ata o 17 de maio na Fundación Laxeiro de Vigo.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Presentación de Birimbao. Poemas de mí para tí (1937-1939), de Celso Emilio Ferreiro. Entrevista ao experto na súa obra Ramón Nicolás. Colaboración de Alba Cid sobre poesía.

Podcast ‘Diario cultural’ das 9:30

Entrevista a Xavier Castro polo libro Historia da vida cotiá en Galicia, séculos XIX e XX. Colaboración de ciencia co experto e director de Efervesciencia da Radio Galega, Manuel Vicente.

Podcast ‘Diario cultural’ das 9:30

Presentación do festival Allariz Debuxado con César Lorenzo, director de Aira Editorial e organizador do evento. Colaboración de música con Alfonso Espiño.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Entrevista ao director do festival Escenas do Cambio, Pablo Fidalgo. Colaboración de Beli Martínez sobre o audiovisual galego.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Entrevista a Xesús Rábade pola publicación do libro Caldaloba en terras de Valverde.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

200 anos do nacemento de Concepción Arenal. Entrevistas á biógrafa Celia Pereira e á profesora de Dereito Público da USC Alba Nogueira.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

A compañía Pálido Domingo actuará no festival Escenas do Cambio. Un coro californiano fixo unha versión dos temas estrela de Xabier Díaz. Colaboración musical de Tito Lesende.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Ibuprofeno Teatro estrea a súa última montaxe, O mel non caduca, no Teatro Principal de Compostela. Marián Bañobre e Avelino González son os protagonistas desta traxicomedia escrita e dirixida por Santiago Cortegoso.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Día da Ilustración dedicado a Cándido Fernández Mazas. A Biblioteca de Galicia acolle a exposición Cándido Fernández Mazas: signos dunha quimera. Entrevistas ao técnico superior da Biblioteca de Galicia Daniel Buján, á presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Beatriz Lema, e ao especialista na obra do homenaxeado José Manuel Bouzas.

Pin It on Pinterest