PodCast

[17:30:00] Falamos de ‘Lugar de incendios’: obra de homenaxe póstuma ao escritor Paco Souto

Lugar de incendios é obra de homenaxe póstuma ao escritor Paco Souto, a quen tantas veces se lle chamou o poeta percebeiro. Conversamos con Serxio Moreira, autor das partituras que musican os poemas de Paco Souto; e con Paco Tano, presidente da Asociación Caldeirón de Malpica, vila en que o escritor foi concelleiro na oposición polo BNG. 

Mulleres que (nos) dan que pensar

Título do ensaio publicado por África López Souto na Editorial Galaxia, no que nos mergullamos coa axuda da súa autora.

‘Libro xigante’

Iria iglesias, Miguel Casado, Sergio Covelo, Laura Tova e Alicia Baña son algunhas das participantes na elaboración do ‘Libro xigante’. Proposta que centra este sábado o Salón do Libro Infantil e Xuvenil no Pazo da Cultura de Pontevedra. Conversamos co organizador desta iniciativa, o ilustrador Víctor Rivas.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Aurora Marco publica ‘Irmandiñas’, unha obra sobre a fenda de xénero nas Irmandades da Fala. Colaboración de Beli Martínez.

Pin It on Pinterest