PodCast

Podcast Diario Cultural das 19:45

“Temos que poder amosar as ferramentas que ten o teatro á comunidade e con elas traballar temas dos que é necesario falar”. Nauta Teatro presenta esta fin de semana o resultado escénico do proxecto de investigación sobre as identidades de xénero que desenvolve ao abeiro do festival Galicreques.

Podcast Diario Cultural das 17:30

Xackal presenta o seu primeiro disco longo, ‘Vén forte ben forte’, unha viaxe sonora desprexuizada, vestida de electrónica, ritmos latinos e conexións atlánticas, da bossa ao house pasando pola música de raíz galega. Na sección de voces expertas, Mónica Maneiro lévanos ata a exposición ‘Lugar sen medida’, de Correa Corredoira.

Podcast Diario cultural das 10:30

O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición ‘Antropotectura’ parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra recomenda ‘O paso en falso’, de Abraham Pérez, publicado na editorial Galaxia.

Podcast Diario Cultural das 19:45

“A poesía tamén pode contar”. A poeta Silvia Penas presenta ‘Retratos de vodas, partos e funerais’, un libro coral que reflexiona sobre a fenda.

Podcast Diario Cultural das 17:30

O grupo santiagués de teatro amador Tangatutanga leva 23 anos creando obras de todo tipo, pero sempre co selo do humor e a crítica: desde pezas de Shakespeare, Oscar Wilde ou Núñez Singala aos seus cabarés de creación colectiva ‘Aberto por folga’ e ‘Que Deus nos colla confesados’.

Na sección de voces expertas, Estíbaliz Espinosa fálanos da enorme cantidade de ferralla orbital que rodea o noso planeta e do lixo depositado na Lúa. Con mención á oceanógrafa Ángeles Alvariño, versos de Luísa Villalta e música de Brais Morán e Ugia Pedreira.

Podcast Diario Cultural das 10:30

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil organiza as ‘Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia’. Nesta edición de 2024, o protagonismo é para os novos formatos de lectura. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero presenta as últimas novidades de música de raíz.

Podcast Diario Cultural das 17:30

Chega a Galicia a peza teatral ‘Iribarne’, unha corrosiva revisión escénica da figura política de Manuel Fraga e da nosa historia recente. Esther Carrodeguas é a autora da peza, unha coprodución da compañía Butaca Zero co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia.

Na sección de voces expertas, Eva Mejuto recupera unha obra divulgativa sobre a contaminación mariña causada polos plásticos e propón un novo álbum ilustrado de poesía infantil.

Podcast Diario Cultural das 10:30

No Diario Cultural aprendemos a orixe e significado de palabras como Orzán ou Balaídos. Temos todas as claves con Antón Santamarina, un dos máis importantes lingüistas galegos. A Real Academia Galega ofrece na súa canle de YouTube unha nova tempada da serie audiovisual ‘O seminario de onomástica responde’. Coas novas gravacións en vídeo son xa máis de 45 os episodios subidos á rede cos que podemos facer un percorrido por todo o país a través da pegada da lingua no territorio. Na sección de voces expertas, Afonso Becerra analiza a última produción de Talía Teatro: ‘Unha inimiga do pobo’.

Podcast Diario Cultural das 19:45

Xa está en cines a película ‘Honeymoon’, do galego Enrique Otero e protagonizada por Nathalie Poza e Javier Gutiérrez. “É unha historia de amor, pero sobre todo de segundas oportunidades”, explica a actriz do filme María Vázquez nunha entrevista no Diario Cultural. A película parte dun drama, a morte dun fillo nun país estranxeiro, pero o relato constrúese a través da comedia e o humor. Un filme que mantén a atención do espectador ata o último minuto.

Podcast Diario Cultural das 17:30

A Escola Pablo Picasso da Coruña dá a coñecer documentación académica do artista entre os anos 1892 e 1895 na Mostra ‘Picasso, alumno desta escola’. A mostra conta con láminas mitolóxicas, ilustracións da cidade e as notas sobresaíntes de Picasso, así como a súa primeira obra mestra. É a última das exposicións conmemorativas polo seu aniversario. Na sección de voces expertas, Tito Lesende preséntanos as novidades na escena musical.

Pin It on Pinterest