Como tes que facelo?
Moi sinxelo. Só terás que enviarnos unha canción en formato .mp3 a musicando@carvalho2020.gal
Para consultar as bases e recursos sobre a figura de Carvalho Calero podedes facelo en http://diariocultural.gal e tamén en http://musicando.carvalho2020.gal onde tendes unha sección con material para elaborar os vosos temas.
O obxectivo consiste en musicar un poema. Ofrecemos unha ampla selección para escoller o texto que mellor se adapte aos teus estilos. Podedes musicar os poemas completos, fragmentos, modificalos, facer variacións de frases ou palabras -sen perder o significado xeral-, recortar ou colar fragmentos de diferentes poemas, engadir frases da vosa colleita que sexan concordantes co orixinal, etc
Na web
Ademais do tema en formato mp3, envíanos a foto da banda e un breve texto de presentación así como un correo electrónico e teléfono de contacto.
Os temas deberán estar licenciados baixo Creative Commons.
Importante: o prazo para enviar os temas remata o 22 de setembro.
As cancións finalistas estarán colgadas na páxina web http://diariocultural.gal e no site http://musicando.carvalho2020.gal para que poidan ser escoitadas en todo o mundo.
Os grupos gañadores
Un xurado, composto por persoas vinculadas ao mundo da música, ademais da AGAL e a CRTVG, fará unha elección de 10 temas finalistas que pasarán por unha fase de votación popular pola rede para escoller a canción gañadora. Os nomes dos gañadores coñeceranse o 30 de outubro, 110º aniversario do nacemento de Carvalho Calero.
Pero … hai premio ou non?
O premio para o grupo ou solista gañador, por parte da CRTVG, será promoción, entrevistas e actuación na Radio Galega e a TVG. O gañador poderá gravar o seu tema nos estudos de Radio Galega, incluída a gravación dun vídeo musical. Por parte de AGAL, a asociación entregará un premio metálico de 1.500 €.
E recorda …
O obxectivo final deste concurso é dar a coñecer a figura do autor homenaxeada polo día das letras galegas deste ano 2020. Polo tanto, máis participantes e máis melodías será máis rica a nosa contribución.