Reportaxes

Letras Galegas 2022 | A vida en México

Continuamos coñecendo o itinerario vital e literario de Florencio Delgado Gurriarán. Trala guerra civil, o poeta valdeorrés tivo que exiliarse en México e abrazou a súa nova vida con vitalismo e moito interese pola cultura do país que o acollía. Ademais do seu labor como activista político e cultural, en México formou unha familia, cambiou a avogacía polo traballo comercial e escribiu un feixe de “poemas crioulos” que están entre o máis interesante da súa obra. 

Letras Galegas 2022 | O exilio mexicano

Este 17 de maio será o primeiro Día das Letras dedicado a un exiliado en México, país que acolleu sen reservas os refuxiados republicanos trala guerra civil. Homenaxéase así un grupo de galeguistas que impulsou iniciativas políticas e culturais de grande importancia; en moitas daquelas iniciativas participou de forma destacada Florencio Delgado Gurriarán. 

Letras Galegas 2022 | A guerra civil e o compromiso político

Seguimos explorando a viaxe vital e literaria de Florencio Delgado Gurriarán. Nos anos 30 comeza o seu compromiso galeguista e republicano, que o acompañará toda a vida. Co triunfo da sublevación militar do 36 en Galicia, escapa para salvar a vida e intégrase no servizo de información do exército republicano. Delgado Gurriarán será un dos moitos galegos que teña que marchar ó exilio. No seu caso, con destino México.

Letras Galegas 2022 | Florencio e a comarca de Valdeorras

Neste 2022 a celebración das Letras Galegas visita por primeira vez a comarca de Valdeorras. O acto central do día 17 de maio celebrarase na aldea de Córgomo, onde naceu Florencio Delgado Gurriarán e á que cantou en moitos dos seus poemas. Só puido vivir nela 14 anos, ata que a guerra civil e a ditadura o obrigaron a partir ó exilio.

En Valdeorras empezamos a viaxe de Florencio Delgado Gurriarán.

Pin It on Pinterest