Diario Cultural

‘Cando toco un animal’ no Novos Cinemas

“Estamos acostumados a unha narrativa do amor romántico convencional pero a vida vai por outros lugares as relacións cambian, non se acaban simplemente”. Angel Filgueira, estrea no Festival Novos Cinemas de Pontevedra o seu filme Cando toco un animal.

Chega aos cines ‘Samsara’, o último filme de Lois Patiño

Conversamos con Lois Patiño sobre ‘Samsara’, que chega ás salas de cine o mércores 20 de decembro. No filme pídeselles aos espectadores que cerren os ollos durante varios minutos, nun tránsito que nos leva de Laos a Zanzíbar e da morte a un novo renacer, nunha viaxe sensorial e espiritual. ‘Samsara’, que leva o nome do ciclo budista de morte e reencarnación, conseguiu o premio especial do xurado na sección Encounters do festival de Berlín.

Iribarne abre o Foco Carrodeguas

“Intento facer un teatro popular de corte político que provoque pensamento”. A montaxe Iribarne abre o Foco Carrodeguas que presenta en Compostela as tres novas obras da compañía ButacaZero . Falamos con Esther Carrodeguas.

Unha mirada antropolóxica sobre a nosa medicina popular

Conversamos co antropólogo Rafael Quintía Pereira sobre o seu libro A etnomedicina galega. Achegas dende a antropoloxía (Edicións Ab Origine). A obra percorre a clasificación de enfermidades e doenzas que fai a nosa medicina popular, os seus especialistas, os métodos de prevención e os recursos curativos, e fai fincapé no poder da palabra e no poder da relixiosidade neste sistema tradicional de saúde. 

Xornadas culturais “Falando Arxina”

A Escola de Canteiros de Poio organiza as xornadas culturais “Falando Arxina”. Conversamos con Lucía Espiño, coordinadora da Escola de Cantería, e co artista Manolo Paz.

Pin It on Pinterest