Diario Cultural

Recta final da sexta edición do festival Resis

Recta final da sexta edición do festival Resis

Astarot celebra 40 anos de rock

A banda morracense celebra o seu cuadraxésimo aniversario co disco ‘Baixo a luz de Breogán’ e cun concerto especial en Cangas o sábado 6 de maio. 

Reúnense por primeira vez os artigos de Emilia Pardo Bazán sobre A Coruña

Emilia Pardo Bazán. Xornalismo e Marineda recupera unha trintena de artigos publicados de Pardo Bazán sobre a súa cidade natal, seleccionados pola divulgadora Patricia Angulo Miró e a conservadora Xulia Santiso. Os textos tratan temas moi diversos, das conexións ferroviarias á saúde pública, da música ao Carnaval, do casamento de Elisa e Marcela ás primeiras colonias escolares mixtas, das que foi a principal impulsora.  A obra está publicada pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Asociación da Prensa da Coruña e a Xunta de Galicia. 

Budiño desprega ‘Branca Vela’

Xosé Manuel Budiño preséntanos o seu novo disco, ‘Branca Vela’. Neste seu oitavo traballo o gaiteiro de Moaña volve asumir a voz principal nas cancións e ademais conta coa participacio?n vocal, instrumental e letrista de De Vacas, Leili?a, Guadi Galego, Manuel Rivas ou o coro Aires da Terra. 

 

Pin It on Pinterest