Roxín Roxal, unha lenda medieval convertida en BD xuvenil
Roxín Roxal. A daga do conde gañou recentemente o premio Follas Novas á mellor banda deseñada publicada en Galicia no ano 2022. Conversamos cos seus autores, o debuxante Brais Fierro e o guionista Manel Cráneo, sobre este cómic para público infantil e xuvenil inspirado por unha lenda medieval que nos transporta ás terras do Eume.