Diario Cultural

O festival de Cans celebra o seu vixésimo aniversario

O Festival de Cans celebra vinte anos de difusión do cine e a cultura desde unha parroquia do Porriño. Nesta vixésima edición pasarán por Cans cineastas como Álvaro Gago, Carla Subirana ou Alberto Vázquez, intérpretes como Luís Zahera, María Vázquez ou Javier Gutiérrez e grupos musicais como Fillas de Cassandra, Mallou, Tony Lomba ou Los Punsetes. Ata o sábado 20 de maio o festival acolle a certame de curtametraxes, proxeccións de longas, concertos, coloquios, exposicións e roteiros.

Letras Galegas 2023 | Conversas de Perfecto Conde con Paco del Riego

O xornalista Perfecto Conde é o autor de ‘Conversas con Paco del Riego’, un libro que reedita Xerais neste 2023 e que naceu dunha longa entrevista de oito días que mantivo o autor con Francisco Fernández del Riego en 2008.

 

 

“Nosoutros non queriamos o poder, queriamos cambiar a vida e cambiámola”

Pepe Ribas, fundador da histórica publicación cultural “Ajoblanco”, fala estes días en Galicia de contracultura, utopía e a experiencia na Cataluña dos anos 70.

Letras Galegas 2023 | A causa política

A xeración de Francisco Fernández del Riego está en gran parte marcada pola guerra do 36, que tronzou todas as aspiracións políticas dunha Galicia galeguista no marco da España republicana. 
Nos anos republicanos, un xoven Del Riego comeza a despuntar como orador e político. Foi membro activo desde moi novo do Partido Galeguista e un dirixente universitario con voz propia. A guerra obrigouno a reinventarse, pero nunca abandonou o seu compromiso co galeguismo, como descubrimos nesta reportaxe.

Os monicreques volven tomar Redondela

Redondela acolle ata o 21 de maio a vixésimo cuarta edición do seu Festival Internacional de Títeres Memorial Juanjo Amoedo. Nesta ocasión visitan a vila compañías de monicreques de Andalucía, Cataluña, Italia, Francia, o Brasil ou os Estados Unidos. O festival ofrece programación de sala no Auditorio da Xunqueira e espectáculos de rúa. 

Letras Galegas 2023 | Un galeguista de Lourenzá

O percorrido vital de Francisco Fernández del Riego comeza un 7 de xaneiro de 1913 en Vilanova de Lorenzá. Pasou só os anos da infancia nesta vila, suficientes para marcar a súa personalidade e forte determinación, e en Lourenzá dá tamén o seu primeiro discurso público como galeguista convencido. Coñecemos esta primeira etapa da súa vida co biógrafo e veciño de Lourenzá Manuel Román.

Pin It on Pinterest