Diario Cultural
Haruki Murakami, premio Princesa de Asturias das Letras
O escritor xaponés é recoñecido pola singularidade da súa literatura e a súa capacidade para conciliar a tradición xaponesa e a cultura occidental. Falamos da literatura de Murakami cun dos seus tradutores, Gabriel Álvarez, e con Tensi Gesteira, do blog Lecturafilia.
Ángel Santos: “O meu cine quere falar, preguntarse cousas, filosofar”
A última curtametraxe de Ángel Santos, ‘Alicia fai cousas’, conseguiu catro dos principais premios do Festival de Cans- Mellor curta de ficción, mellor dirección, mellor guión, e mellor interpretación para Alicia Armenteros, que encarna unha actriz nova que se obsesiona co seu propio aburrimento. Conversamos con Ángel Santos sobre o filme e a dificultade de aburrirse na vida e no cine.
Festival de Música Cidade de Lugo
Festival de Música Cidade de Lugo
Viva a Comuna!, o factor humano dunha revolución
En ‘Viva a Comuna!’ Carlos Meixide narra a xénese, triunfo e derrota da Comuna de París, unha revolución popular que apenas se estendeu durante 72 días da primavera de 1871. A novela segue as vidas dalgúns dos homes e mulleres que protagonizaron a revolta e trasládanos a un momento histórico apaixonante.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- …
- 374
- Seguinte ›