Diario Cultural

O historiador Lourenzo Fernández Prieto ingresa na RAG este sábado

O catedrático de Historia Contemporánea da USC, especializado en historia agraria e no estudo da guerra civil e  o franquismo, ingresa na Real Academia Galega como membro de número. Nunha sesión extraordinaria pública no teatro Jofre de Ferrol o novo académico dará lectura a un discurso titulado “A memoria, a historia e a política”, no que analiza unha esquecida polémica entre Camilo José Cela e Valentín Paz-Andrade producida no ano 1977.

Caldo constrúen un fogar musical en ‘Lugar A Ponte’

O trío folk Caldo acaba de publicar o seu segundo disco, ‘Lugar A Ponte’, en torno á idea do fogar e a intimidade. Seguen inspirándose na música tradicional, pero incorporan letras propias e exploran diferentes texturas sonoras coa produción de Alberto Cernadas e colaboracións de Germán Díaz, Luís Peixoto ou Diego Alonso. O disco presentarase en directo o 9 de xuño en Santiago, dentro do festival ‘O que non se escribe’.

Pin It on Pinterest