Diario Cultural

Como facer unha peli de zombis

‘As tres outras vidas de María Santiso’ é unha comedia negra con zombis e tamén un falso documental sobre o difícil que é facer unha película. O filme, cun elenco encabezado por Lucía Veiga e Tacho González, acaba de rematar a súa rodaxe e procura máis financiamento a través dunha campaña de micromecenado. Falamos con Roberto Alvite, produtor, director, guionista e actor da película.

‘O reiciño da Galiza’ de Victor Hugo, en banda deseñada

Inacio Vilariño e Iván Suárez asinan guión e ilustracións, respectivamente, desta obra que publica Demo Editorial. É unha adaptación ao cómic de ‘Le petit roi de la Galice’, obra do poeta francés Victor Hugo que narra o rapto do primoxénito do rei García II, o derradeiro monarca galego. Os autores inspiráronse na tradución ao galego realizada por Henrique Harguindey. 

Pin It on Pinterest