Diario Cultural

“O poema non é as palabras na páxina, iso é o iceberg do poema”

Chega ás librarias As cunchas baleiras, o novo libro da poeta Branca Novoneyra.

Chicharrón: “Este disco reivindica o ‘indie’, que agora está moi deostado”

O grupo carballés publica o seu sexto disco, ‘O que nos queda por non dicir’. Un novo comezo para a banda, nacida hai unha década, e que agora forman Alberto Vecino, Mara Pérez e Rosalía Fernández Rial. Gravado en Nadal de 2022 no seu local de ensaio, o álbum é unha fotografía dun momento feliz e familiar que estrearon en directo nunha minixira polas casas dos amigos do grupo.

Rosalía universal

Conversamos co escritor asturiano Xuan Bello, un dos participantes na cuarta edición de ‘Rosalía en Camiño’, un programa comisariado por Chus Pato que inclúe recitais poéticos e paseos literarios en Padrón, Santiago e Lugo. Acompáñanos tamén Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e explícanos o propósito destes diálogos literarios multilingües.

Pin It on Pinterest