Diario Cultural

Manuel Segade: “É urxente traducir a forza internacional do museo tamén dentro da arte española”

Conversamos co novo director do Museo Nacional Centro de Arte Sofía, o coruñés Manuel Segade, trala súa primeira semana á fronte deste centro público. Segade estudou Historia da Arte na USC, foi comisario xefe no CGAC e desde 2015 dirixía o Museo Centro de Arte 2 de Mayo Dos de Mayo na localidade madrileña de Móstoles. 

Vilagarcía convertése esta semana en ‘Cidade de Libro’

Rayden, Juan Tallón, Carme Chaparro, María Solar ou Ian Gibson son algúns dos convidados na terceira edición de ‘Vilagarcía, Cidade de Libro’, unha programación de actividades en torno á literatura que se desenvolven entre o 12 e o 18 de xuño e que debullamos con Nacho Fungairiño.
Conversamos con outra das convidadas, Andrea Maceiras, unha das autoras máis premiadas da nosa literatura infantil e xuvenil, que participará este venres nunha das ‘Conversas ao Solpor’. 

Cantometrics, unha mirada contemporánea do arquivo de Alan Lomax

Cantometrics toma o nome e a inspiración do método de análise do musicólogo estadounidense Alan Lomax, que fixo recollidas musicais por todo o mundo, e estivo en Galicia nos anos 1952 e 1953. Cantometrics revisan e transforman algunhas das pezas do arquivo de Lomax empregando acordeón, marimba, percusións, zanfona, gaita e voz, nunha viaxe que non só une pasado e presente, tamén a música galega coa de Marrocos, as Antillas, Andalucía ou Nova Orleáns. Conversamos con Luís Sánchez Bolón e Marina Fernández Vigo, dous dos integrantes do grupo. 

A SELIC volve celebrar a lectura na praza compostelá da Quintana

O Festival da Lectura volve a Santiago entre o 9 e o 18 de xuño. Autores como Miguelanxo Prado, Cristina Morales, Olga Novo ou Suso de Toro participarán nesta sétima edición da SELIC, que inaugura unha sección dedicada á literatura criminal, con Arantza Portabales, Patricia Janeiro, Lorenzo Silva ou Diego Ameixeiras. O encontro incluirá conversas, sinaturas, dramatizacións, paseos literarios e concertos como os que ofrecerán Christina Rosenvinge e Su Garrido Pombo.

Pin It on Pinterest