Diario Cultural

Podcast Diario Cultural das 10:30

O 28 de decembro de 1923 nacía Manuel Ferrol, o fotógrafo da emigración. O seu traballo figurou nos catálogos de exposicións entre os grandes da fotografía do século XX. É unha reportaxe de Isabel Freire. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos lembra a cineasta Patricia Ferreira, a súa vinculación con Galicia e as súas obras máis destacadas.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O director de cine Enrique Otero explica os segredos de ‘Honeymoon’, un filme que se estrea o 12 de xaneiro de 2024. Na sección de voces expertas, Luís Miguel Crespo fal balace da música clásica en 2023: destaca os novos cambios nas orquestras galegas e o éxito de festivais coa música clásica como epicentro.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O escritor Xesús Fraga publica ‘Río Miño’, un libro que é froito dunha viaxe pola beira do río Miño dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Seis meses de travesía que dan orixe a esta nova obra da literatura de viaxes. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra fai balance literario de 2023. Destaca a biografía de Basilio Álvarez, asinada polo historiador Miguel Cabo e publicada pola Deputación de Ourense. No xénero do teatro, sinala as obras de Ana Abad e Roberto Salgueiro.

Un Nadal de concertos

Un repaso pola música en vivo que podemos desfrutar nas próximas semanas: do concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia ao retorno a Vigo dos portugueses Trabalhadores do Comércio, pasando polo fin de xira d´A Banda da Loba, a presentación do último disco de Susana Seivane ou o aniversario de Zënzar.

Nadal musical con Tito Lesende

Tito Lesende revisa un xénero musical omnipresente nestas datas, as cancións de Nadal. Temos panxoliñas de estrea de The Rapants, Lontreira e Fuxan os Ventos, e repasamos clásicos e novidades do mercado anglosaxón con Cher, Stevie Wonder e Brenda Lee.

Pin It on Pinterest