Diario Cultural

Ler antes de saber ler

 

Eva Mejuto tráenos hoxe unha selección de libros para ler antes de saber ler. Libros pequenos, acartonados e de cartón groso para adaptarse aos dedos e ás capacidades perceptivas e sensoriais dos nenos de menos de tres anos. Historias pensadas para ler en voz alta, contar e ata cantar.

 

Wöyza: “Con este proxecto expreso a miña visión musical da Galicia de hoxe”

Wöyza & The Galician Messengers estréanse discograficamente cun EP que bebe da música tradicional e de expresións musicais contemporáneas dos dous lados do Atlántico. Acompañana a cantante viguesa a baixista High Paw, a pandeireteira María López, o batería David Outumuro, o gaiteiro Xulio Lourenzo e o teclista Jorge Juncal.

O disco inclúe adaptacións de poemas de Uxío Novoneyra e Martin Codax, remixes e unha nova versión, en vivo, da primeira canción que Wöyza compuxo en galego, ‘Tempos de muller’.

Especial Diario Cultural Son do Camiño

Programa monográfico desde o Son do Camiño. Conversamos con artistas galegos que actúan no festival, como Sila Lúa, The Rapants e Galician Army. Tito Lesende analiza o cartel deste ano e tráenos en primicia o novo single de Xoel López, que tocará o sábado no Monte do Gozo.

Ángel Suanzes publica o seu segundo poemario

Os eucaliptos levan o lume dentro é o segundo poemario do xornalista Ángel Suanzes. A partir da imaxe dos eucaliptos como árbores destinadas ao consumo, Suanzes reflexiona sobre o tempo e as relacións humanas e pescuda na vulnerabilidade reprimida pola masculinidade tradicional. O libro, publicado por Nêspera Editora, ten unha forte pegada visual, a través das fotografías e dos xogos na disposición en páxina dos poemas.


Pin It on Pinterest