Diario Cultural

Un Luis Seoane co que mirar ao futuro

Dolores Vilavedra lévanos esta semana ata o ensaio con Pablo García Martínez, autor de ‘Alguén Virá. Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luis Seoane’ (Laiovento). Todo un estudoso da figura do escritor e artista galego, exiliado en América, a través da súa produción na década dos 50. Un Luis Seoane conectado co seu tempo e á vez unha figura de referencia para o século XXI.

“Situeime nese espazo onde a gravidez e a terminalidade se tocan. Un ámbito que non é a vida pero tampouco é a morte”

Antón Lopo presenta Diarios/1 [Azul Monforte] co que gañou o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.

Un torque, unha neveira castrexa e unha cabeza cortada

Mario César Vila repasa algúns achados arqueolóxicos relevantes dos últimos meses. 

Memoria e valores emerxentes na programación da MIT de Ribadavia

Comeza a venda de abonos para a 39ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que se desenvolverá entre o 15 e o 23 de xullo e renderá homenaxe á xeración Abrente que impulsou a primeira Mostra de Teatro na capitasl do Ribeiro. Abrirá a MIT deste ano a montaxe ‘Fuck me’, da arxentina Marina Otero e o último espectáculo desta edición será a estrea de ‘O auto de Castromil’, de Producións Teatrais Excéntricas. Pasarán tamén pola capital do Ribeiro Teatro del Barrio, Compañía del Sr. Smith, Alessandra García ou o colectivo Las Huecas. Debullamos o programa da MIT co seu director artístico, Roberto Pascual.

Nee Barros: “É importante reivindicar que non sempre temos claro o que somos”

Nee Barros publica a súa primeira novela, ‘Non estamos quebrades’ (Cuarto de Inverno), premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil. A historia de Eva, unha rapaza á que acaba de deixar o mozo e se embarca nunha aventura polas rúas e pola noite para tratar de descubrir quen é (e con quen querería papar). Unha historia de amizades e descubertas, de querer e quererse e aprender que, ao cabo, “non estamos quebrades”.

(A imaxe é da súa canle de Youtube: @neeumatiko)

Pin It on Pinterest