Diario Cultural

[10:31:00] Luis Davila, premio Trasalba

Esta fin de semana entrégase o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo. Un recoñecemento de longa tradición, 41 anos, polos que pasaron grandes cultivadores da cultura galega, e que este ano recae no debuxate Luis Davila, creador de O Bichero, as viñetas coas que ilustra cada día a edición de Faro de Vigo desde hai xa 25 anos.

O Bichero é a mellor definición do que significa concentrar unha mensaxe humorística e comprometida nun pequeno recadro e apenas tres frases. Pero recadro a recadro, frase a frase, foi construíndo neste tempo un universo moi persoal, que é ao mesmo tempo noso, no que nos sentimos identificados galegos de xeracións e condicións ben diferentes. Por iso e moito máis, Luis Davila é premio Trasalba

Cándido Pazó leva a Cangas unha comedia ‘denegrida’ de Martin McDonagh

A 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ábrese o domingo 25 de xuño coa estrea de ‘Entrega en man’, unha nova adaptación ao galego dun texto do dramaturgo e director de cine angloirlandés Martin McDonagh. Unha comedia negra que Contraproducións alcuma de ‘denegrida’ porque aborda, entre outros temas, o racismo e a xenofobia. Conversamos con Cándido Pazó, adaptador e director, e con dous dos intérpretes, Evaristo Calvo e María Roja. 

“O segredo é unha boa equipa conectada, coherente e un público moi afín”

María Armesto é a directora artística da Mostra de Teatro Cómico Festivo de Cangas que celebra corenta anos.

O Consello da Cultura presenta un informe sobre a situación da diversidade sexual en Galicia

O informe é froito do traballo dun cento de participantes no foro ‘Identidades e Disidencias Sexuais’ do Consello da Cultura. Carme Adán, coordinadora do equipo de traballo, preséntanos o documento, titulado ‘Análise, datos e recomendacións para o recoñecemento da diversidade en Galicia’, e accesible na web do Consello. O documento retrata a situación e necesidades das persoas LGBT+ en Galicia e realiza propostas para futuras políticas públicas. Entre os seus eixes temáticos están a cultura e o pensamento, pero tamén a sanidade, os deportes, o ámbito laboral ou as violencias lgbtfóbicas. 

“O proceso é máis importante que as imaxes”

O fotógrafo Fuco Reyes gaña o Premio Luís Ksado de creación fotografica coa serie documental Espello de Claude.

50 anos de cultura viva, popular e participativa

A Sociedade Cultural e Deportiva do Condado fai medio século neste 2023 e prepara un libro conmemorativo que recollerá a historia da asociación e unha escolma de poemas da súa actividade máis coñecida, o Festival da Poesía do Condado. Conversamos con dous membros da SCD, Carlos Barros e Bruno Lopes, sobre esta publicación e sobre a próxima edición do Festival, que o 2 de setembro reunirá poetas como Nieves Neira, Séchu Sende, Arantxa Nogueira, Sara Plaza ou Branca Trigo, con músicos como Fillas de Cassandra, Dakidarría, Sés, Caldo, Berto ou Banda Xangai.

Pin It on Pinterest