Diario Cultural
Hildegart Rodríguez, na súa propia voz
[10:50:00] As metamorfoses da vida
16 anos despois de ‘Vigo’, a poeta Helena de Carlos volve publicar. ‘Imago’ (Faktoria K) é un libro sobre as metamorfoses da vida, a madurez e a infancia. Para Dolores Vilavedra, un libro que consola.
[10:31:00] A música dos videoxogos
O Consello da Cultura Galega organizou unha xornada arredor da música dos videoxogos, un elemento dentro desta industria que gaña en peso, en producción e mesmo en ointes. Os videoxogos, a primeira industria cultural do mundo, son cada vez máis complexos e cunha maior carga nos departamentos de arte. Queremos por suposto que teña unha boa xogabilidade, que nos entreteña, pero tamén que sexa unha historia interesante, cun deseño bonito e unha banda sonora que nos enganche. A música gana protagonismo na experiencia de poñerse aos mandos ou ao teclado e comezar unha aventura.
Que a ninguén lle sorprenda xa que no ámbito dos conservatorios se estude tamén esta música. Boa proba diso é Erea Carbajales, profesora do Conservatorio Superior de Música de Vigo, violinista, musicóloga e especialista en música de videoxogos. Porque desde Galicia investígase, desenvólvense videoxogos e tamén se crean as súas bandas sonoras. É o caso de Inés Mirás, compositora e música multiinstrumentalista. Podémola escoitar como parte da Banda da Loba, pero ten esta outra faceta.
Na procura do raio verde
Estíbaliz Espinosa dálle a benvida ao verán falándonos de arqueoastronomía, buscando o raio verde nocine e na literatura e léndonos versos de Luís Pimentel.
Sexta edición do festival ClasClás en Vilagarcía
O Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa celebra a súa sexta edición ata o 1 de xullo con seis concertos, cinco deles gratuítos.
Rosina Sobrido, directora técnica do festival, debulla a programación, que inclúe actuacións do Cuarteto Quiroga, La Ritirata, Azahar Ensemble ou a primeira actuación en España de Cello Republic.
Música, cine e teatro para a fin de semana de San Xoán
Música, cine e teatro para a fin de semana de San Xoán
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- 374
- Seguinte ›