Diario Cultural

Premio Nacional de Música para o compositor vigués Eduardo Soutullo

Eduardo Soutullo é o primeiro galego galardoado co Premio Nacional de Música do Ministerio de Cultura na categoría de composición. O xurado do galardón suliñou o “unánime recoñecemento internacional da súa música, especialmente a súa produción orquestral”. O ditame destaca a súa cantata ‘O lamento dos xirasois’, un alegato antibélico con versos da poeta ucraína Lesya Ukrainka, que Soutullo conseguiu estrear en San Petersburgo en 2022.

A Martins Aneiros Band estrea ‘Rain’, o seu novo disco

‘Rain’ é o novo disco da Martins Aneiros Band, a sociedade musical formada polo guitarrista e “bluesman” Victor Aneiros e a vocalista Paula Martins. Dez novas cancións, entre versións de pezas emblemáticas do blues e composicións propias, cargadas de calidade e que xa podedes escoitar en tódalas plataformas de música en internet.

Vituco Neira conversou con eles dous no Mardi Gras na Coruña para falar de música, de blues, de sentimento e, por suposto, deste novo traballo.

O Chanfaina Lab volve sementar paixón polo cine en San Sadurniño

O Chanfaina Lab volve sementar paixón polo cine en San Sadurniño

Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática por ‘As alumnas’

Paula Carballeira foi galardoada co premio Nacional de Literatura Dramática que concede o Ministerio de Cultura, pola obra ‘As alumnas’. O xurado valorou o texto como “un eloxio do maxisterio que ensina sobre a dúbida e o debate”. Conversamos coa escritora fenese sobre esta obra protagonizada por dúas ex alumnas de María Barbeito, a mestra republicana represaliada polo franquismo. ‘As alumnas’ está publicada na Editorial Galaxia e fora unha encarga da produtora Culturactiva, que a levou aos escenarios en 2022. 

Pin It on Pinterest