Diario Cultural

O Cuarteto Quiroga celebra o seu vixésimo aniversario co disco ‘Átomos’

O oitavo traballo do Cuarteto Quiroga, Premio Nacional de Música en 2018, é unha homenaxe ás posibilidades expresivas do cuarteto de corda e á arte da concentración musical. O disco inclúe obras para cuarteto de corda de Haydn, Beethoven e Bartók e unha peza de Gyrgy Kurtág que aínda non fora gravada.

Conversamos cun dos integrantes do Cuarteto Quiroga, o galego Cibrán Sierra, sobre este disco e a historia da formación, que deu o seu primeiro concerto en Leiro en 2003.

A Arca da Noe publica un libro disco que resume, con grandes artistas, o universo musical deste mítico local da Limia

A Arca da Noe publica un libro disco que resume, con grandes artistas, o universo musical deste mítico local da Limia. Falamos con Noe Vázquez e Lucía Cortiñas:

“Creamos unha burbulla propia para compartir”

Nace a Fundación VAC-AN co obxectivo de recoller o legado do artista José Vázquez Cereijo

José Vázquez Cereijo foi pintor, coleccionista, gravador… Sobriño de Luís Pimentel, tamén fixo incursións na poesía. Logo do seu falecemento no 2016, Anne Nikitik, a súa viúva, propúxose recompilar toda a súa obra e froito deste traballo nace agora a Fundación VAC-AN (Vázquez Cereijo – Anne Nikitik). 

Homes e feminismo. Laiovento publica ‘A vontade de cambiar’ de bell hooks

Laiovento publica en publica ‘A vontade de cambiar: homes, masculinidade e amor’, da feminista afroamericana bell hooks. Unha obra que debulla como o patriarcado oprime tamén os homes e busca modelos para unha masculinidade non patriarcal. Conversamos con Xosé Cabido, prologuista do libro e impulsor de obradoiros de igualdade específicos para adolescentes varóns. 

‘A invasión da movida madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola’, unha mostra que nos leva aos anos 80

Marivi Ibarrola colleu a cámara nos anos 80 para retratar o nacemento e o desenvolvemento dun movemento de gran axitación cultural como foi a movida madrileña. Agora, a Casa Museo Casares Quiroga da Coruña recolle o testemuño visual desta época, pero dende un punto de vista galego. Ata o 4 de outubro pode visitarse a exposición fotográfica A invasión galega da movida madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola. Conversamos coa fotógrafa e co comisario da mostra, Tomi Legido.

Pin It on Pinterest