Podcast Diario Cultural 14:45
Entrevista á directora artística de Cantos na Maré, Uxía.
Entrevista á directora artística de Cantos na Maré, Uxía.
Entrevista ao responsable do Festival de Títeres Galicreques. Colaboración sobre literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas.
Programa realizado dende Pontevedra con motivo do festival Cantos na Maré.
Arranca en Pontevedra o Festival da Ilusofonía ‘Cantos de Maré’. Serán catro días de música y cultura no que participarán recoñecidos artistas como Teresa Salgueiro ou Mercedes Peón. O desafío desta edición é apostar por músicas de diferentes estilos cunha tendencia máis urbana para xente nova, pero sen perder a súa esencia.
Os músicos e participantes poden disfrutar desta gran festa da lingua que reúne a territorios que apostan pola diversidade e a integración.
Os festivais de música non rematan aquí. Este sábado chega a Compostela o Festival de Títeres Galicreques e mañá comeza o Festival Internacional de Blues na cidade portuguesa de Braga.
Estreo de ‘Arnoia, Arnoia’, de Quico Cadavl, en Santiago de Compostela.
Quico Cadaval presenta na Radio Galega a obra “Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena” que se estrea hoxe en Santiago. A peza teatral emprega recursos do mundo do circo para representar a realidade escrita no libro de Méndez Ferrín. Un feito que entusiasmou ao escritor polo seu vínculo familiar co mundo circense.
A obra fala das formas que ten o ser humano de enfrontarse aos medos, en concreto, da infancia. O director Quico Cadaval compara a peza teatral cunha viaxe ou un videoxogo. O público pode gozar da función ata o 20 de outubro, de xoves a sábado ás 20.30 horas e os domingos ás 18.00 horas.
Nesta edición de Diario Cultural da Radio Galega tamén houbo espazo para falar sobre a nova película “A sombra da lei”, dirixida por Dani de la Torre e protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner.
Revista Oral do San Froilán cun dos seus coordinadores, Antonio Reigosa. Colaboración de Roberto Pascual sobre artes escénicas.
Compostela acolle o III Festival Herdanza
As historias no espello. Antón Riveiro Coello fálanos do Obradoiro de creación literaria da AELG que impartirá en Rianxo.
O Festival Manta abre temporada do Centro Cultural Vila Flor de Guimarães. Coñecemos programación co director artístico, Rui Torrinha.