Diario Cultural
Novas mostras de arte en Vigo e Lugo
Diario Cultural viaxa con Rosario Sarmiento ata as novas mostras de arte expostas en Galicia. O pintor Antón Goyanes expón a súa obra no Museo do Mar de Vigo. Trátase dunha exposición que amosa a vinculación do artista co mar e con Vigo. A longa traxectoria artística de Goyanes demostra que é un dos grandes pintores da actualidade. A súas obras sempre teñen un matiz anovador e sorprendente. Unha exposición que estará aberta ata o mes de novembro.
En Lugo, o artista Jesús Otero Iglesias expón a súa obra na galería da Catedral de Lugo. Pintura de carácter intimista, pero con trazos emotivos. A súa obra tamén pode ser admirada ata o mes de novembro.
Podcast Diario Cultural 17:30
A biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compotela acolleu este luns 15 o recital ‘Palabra de muller’ co motivo do Día das escritoras. As palabras de autoras como Rosalía de Castro, Xohana Torres ou Xela Arias foron as protagonistas do acto.
Neste espazo cultural Paula Riveiro tamén falou sobre a nova película galega ‘Sea Beasts’ dirixida por Felipe González. Intriga, angustia e maltrato serán os eixes sobre os que xira esta historia construída ao carón do mar.
Podcast Diario Cultural 17:30
Paula Riveiro repasa no Diario Cultural as últimas novidades no mundo das artes e das letras. Radio Galega viaxará ata a biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela para asistir ao recital ‘Palabra de muller’ co motivo da conmemoración do Día das escritoras.
Tamén haberá espazo para falar sobre a nova película ‘Sea Beasts’ que se presenta hoxe no Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña. Trátase dun filme galego que fala sobre o maltrato escolar e sobre a infancia. Nesta historia o mar xoga un papel fundamental, xa que aporta calma pero tamén perigosidade. Unha película que abre portas e transmite angustia, mareo mental e intriga, segundo explica o actor Alejandro Carro.
Esta edición de Diario Cultural conta coa colaboración de Rosario Sarmiento que fala sobre dúas mostras de arte expostas estes días tanto en Vigo como en Lugo.
Podcast Diario Cultural 14:45
Ana Romaní conversa nesta edición de Diario Cultural coas escritoras Yolanda Castaño, Susana Sánchez Aríns e Joumana Haddad. Son tres mulleres que atoparon na palabra a ferramenta para o cambio. A calidade literaria, a variedade de linguas e a diversidade de culturas están presentes nas súas obras.
As escritoras falan sobre a importancia do feminismo e destacan que é unha responsabilidade de todos, ademais de salientar que se trata dunha causa universal.
Outros temas como o III Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada e o Ciclo das Letras en Lugo tamén foron tratados neste espazo presentado por Ana Romaní.
Arte ante a traxedia, conversa co dramaturgo Manuel Lourenzo e xuntanza de gaiteiros
A arte ten a capacidade de reaccionar ante as traxedias. Así nace a escultura ‘O Chamizo’ do artista Juan Coruxo e o proxecto ‘Arte no queimado’, no que participan numerosos artistas galegos e portugueses co obxectivo de sensibilizar contra o lume.
Durante o Diario Cultural tamén houbo espazo para falar co dramaturgo Manuel Lourenzo sobre a súa vida, profesión e gran paixón. A curiosidade propia desta profesión levouno a querer vivir en primeira persoa todos os oficios do mundo do cine, do teatro e do audiovisual, contou o actor ante os micrófonos da Radio Galega. Manuel Lourenzo é autor de máis de 200 pezas teatrais, ademais dun gran explorador de novas formas e xéneros anovadores.
Para finalizar este espazo cultural, Emilio Españadero repasa as últimas novidades en música tradicional. Unha xuntanza de gaiteiros con moita historia homenaxeará a Xabier Díaz e o grupo Leirabuxo presenta o seu segundo traballo discográfico.
Pezas artísticas para recordar os incendios
Diario Cultural recorda hoxe a traxedia dos incendios de outubro de 2017. A arte ten a capacidade de reaccionar ante as traxedias. Así nace a escultura ‘O Chamizo’ do artista Juan Coruxo e o proxecto ‘Arte no queimado’, no que participan numerosos artistas galegos e portugueses co obxectivo de sensibilizar contra o lume.
Durante o Diario Cultural tamén houbo espazo para falar co dramaturgo Manuel Lourenzo sobre a súa vida, profesión e gran paixón. A curiosidade propia desta profesión levouno a querer vivir en primeira persoa todos os oficios do mundo do cine, do teatro e do audiovisual, contou o actor ante os micrófonos da Radio Galega. Manuel Lourenzo é autor de máis de 200 pezas teatrais, ademais de explorar formas e xéneros anovadores.
Podcast Diario Cultural 9:30
Entrevista ao codirector do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, Tonecho Otero. Conversa co presidente da Asociación Galega do Audiovisual, Carlos Ares.
Podcast Diario Cultural 9:30
A partir do texto ‘Pan (libro de ler e desler)’ da poeta galega Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro creará unha performance con canto e percusión en directo, arredor da idea de desexo, erotismo e feminismo.
Podcast Diario Cultural 17:30
NetLabel descarga de música galega en Internet. Reportaxe da reapertura da sala “A Pousada das Ánimas” o día 12 cun triple concerto.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 354
- 355
- 356
- 357
- 358
- …
- 374
- Seguinte ›