Diario Cultural

‘Ifixenia na porta do súper’, versión galega dun texto icónico do teatro contemporáneo

A compañía Humana impulsa esta versión galega de ‘Iphigenia in Splott’, un texto do dramaturgo galés Gary Owen que retrata as consecuencias das políticas de austeridade económica e recortes sociais a través do monólogo dramático dunha moza de barrio. Conversamos coa actriz Alba Caneda, que interpreta a protagonista de ‘Iphixenia na porta do súper’, e coa súa directora, Sara Rey. A montaxe comeza a súa xira de outono, con funcións en Tui, Vila de Cruces, o FIOT de Carballo, Boiro, As Pontes, O Grove, Foz e A Guarda.

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

Revistas culturais: MujerArt e A Movida

Dúas directoras de revistas nos visitan: dunha banda, Beatriz López nos fala da súa MujerArt e da visibilización da arte en feminino; da outra, Tamara Novoa celebra os cinco anos de vida de A Movida.

As claves de “O Corno”, con Janet Novás

Falamos coa protagonista de “O Corno”, Janet Novás, sobre as claves do éxito do filme dirixido por Jaione Camborda, premiado coa Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.

Arranca Curtocircuíto en Compostela

“O Corno” abre o XX Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto estes días en Compostela. Falamos co seu director, Pela del Álamo, sobre as principais novidades do festival e da situación do audiovisual galego.

Diario Cultural das 20:45

Diario Cultural das 20:45

O deseñador Pepe Barro expón os seus cadernos

Pepe Barro conmemora os seus 50 anos como deseñador mostrando en público 66 dos seus cadernos de bocexos. Unha oportunidade de descubrir o proceso de traballo de Barro para crear a identidade gráfica de institucións, xornais, equipos deportivos ou produtos alimentarios. A mostra ‘A cociña de Barro. Cadernos de deseño’ pode visitarse na Fundación Didac de Santiago ata o 22 de decembro. 

Pin It on Pinterest