Podcast Diario Cultural 9:30
Xornadas “A palabra teatral nas aulas” da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Nova canción do grupo Gancho Sanches.
Xornadas “A palabra teatral nas aulas” da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Nova canción do grupo Gancho Sanches.
Davide Salvado despídese de “Lobos” para centrarse no que será o seu novo espectáculo. Co concerto deste venres na Casa das Crechas, Davide, acompañado por Santi Cribeiro, Carlos Freire e Pablo Dalama, pon fin a unha xira que levou á banda por boa parte do estado, Canadá, Finlandia, Bélxica ou Portugal.
Davide Salvado acompáñanos para falar sobre o fin da súa xira “Lobos”.
Ademais, a nosa colaboradora do mundo audiovisual, Beli Martínez, fálanos sobre David Hernández, un realizador vigués que a semana pasada estreou “A felicidade dos cans” no Festival de Xixón e en Cineuropa.
“Cociñando con bolboretas no bandullo”, un libro de Diana Fernández e David Díaz, ilustrado por Iván Rodríguez e editado por Xerais.
Unha publicación na que cada receita garda unha historia de amor. Relatos que engaiolan con sabor e diversión. Un recetario pensado para os máis cativos, que conta ademais cunha canle de Youtube onde se poden ver as receitas a través dos códigos QR que aparecen en cada unha de elas.
“Cociñando con bolboretas no bandullo”, un libro de Diana Fernández e David Díaz, ilustrado por Iván Rodríguez e editado por Xerais.
Tito Lesende preséntanos o panorama musical desta semana. Brais Morán pecha o ciclo DOCE na Sala Mardi Gras da Coruña este venres 23 de novembro. Ademais, o Coliseum da cidade herculina recibe un dos concertos de Loquillo. En Ponteareas, Santi Araújo presenta este domingo o seu disco “Catedral”, publicado a comezos deste mesmo mes.
Celebramos Santa Icía, patroa da música, cunha descuberta: os cantos das mulleres que traballaban nas fábricas de conservas de Galicia, en que se reflectían as súas condicións laborais e a súa realidade cotiá. Tamén falamos de estreas cinematográficas con Begoña Vázquez.
‘Cándido e os demais’ recibe o XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Un galardón que convoca o departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka Editora, que nesta edición se lle entrega á obra de Fran Pintadera e Christian Inaraja. Un libro ilustrado que fala sobre o tratamento da diversidade e da diferenza. Falamos cos autores da obra.
‘Cándido e os demais’ recibe o XI Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.
Ademais, falamos co fotógrafo Adolfo Enríquez, gañador do premio Siena International Photo Awards.
Carlos Portela amósanos ‘Eu, tolo’, a segunda publicación dunha triloxía de Keko e Antonio Altarriba.
Inauguración da exposición ‘Modelando vidas’ no Museo Provincial de Lugo. Coma cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.
Carmen París, Martirio, Uxía e Ugia Pedreira conforman Mulleres enredadas. Estas catro mulleres reinventan xéneros como a copla, a xota ou os alalás con outras músicas facendo que cheguen a outra audiencia.