Podcast Diario Cultural 14:45
Comeza un dos acontecementos editoriais máis relevantes de América Latina. Trátase da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, que reúne cada ano os representantes do ámbito literario e editorial.
Comeza un dos acontecementos editoriais máis relevantes de América Latina. Trátase da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, que reúne cada ano os representantes do ámbito literario e editorial.
Un 28 de novembro de 1912 nacía na Coruña Eugenio Granell. Para conmemorar o acontecemento, a Fundación que leva o seu nome organiza diversas actividades.
Os actos comezan hoxe coa conferencia “Xoguetes: os talismáns da arte moderna”, a cargo do profesor Javier Arnaldo. Ademais, haberá unha xornada de portas abertas os días 28 e 29 de novembro.
A Fundación Eugenio Granell conmemora nestes días o que sería o 106 aniversario do artista coruñés.
Ademais, Alba Cid fálanos sobre “A vida salvaxe”, un poemario de Gonzalo Hermo que o foi galardoado co Premio Afundación 2018.
Remata o ano das letras de María Victoria Moreno cun simposio de clausura sobre a obra da escritora. O evento está coordinado polas académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey.
Nao presenta o seu novo e último disco, “Ata que o lume se apague”, co que pon fin á súa traxectoria musical. Trátase dunha obra composta por doce temas que traerá consigo unha xira que abrirá o 5 de decembro cun concerto na Sala Capitol de Compostela.
Falamos con Jasper, vocalista do grupo.
Nao pon fin á súa traxectoria con “Ata que o lume se apague”.
Ademais, a nosa colaboradora Rosario Sarmiento fálanos sobre a nosa mostra que chega ao CGAC de Santiago de Compostela, “Bleda e Rosa”.
O escritor Gonzalo Hermo, que recibiu o XVI Premio de Poesía Afundación, ofrece un recital para o Diario Cultural.
Unha viaxe ao punk77 e máis alá. Atravesamos un portal no tempo que se abre a nós en Pontedeume. Queres vir? Pois… Bule!
Viaxe polo punk coa banda Bule, en Pontedeume. Recital de Gonzalo Hermo.