A mostra “Eco Visual” chega a Pontevedra
O pasado 15 de decembro inaugurouse a exposición “Eco Visual” na Galería Nemonon de Pontevedra. Falamos con Antón Patiño, autor da exposición.

Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Beli Martínez, fala con nós sobre os mellores agasallos para este nadal.
Coñecemos o novo proxecto literario de Claudio Pato. Tamén falamos do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que recoñece a obra de Fernando Redondo Nera.
Os músicos Germán Díaz e Benxamín Otero publican o disco ‘Trece cancións bonitas’. Como cada venres, falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena. A recomendación da semana é a novela ‘O bestiario científico de Anxos Nogueirosa’ de Antonio Manuel Fraga.
Dios Ke Te Crew lanza “Silencio”, o adianto do seu novo disco. Falamos con Sockram para saber máis sobre o regreso do grupo de Ordes.
Dios Ke Te Crew lanza “Silencio”, o adianto do seu novo disco. Falamos con Sockram para saber máis sobre o regreso do grupo de Ordes.
Ademais, o noso colaborador Tito Lesende infórmanos sobre as novidades musicais para as vésperas do nadal.
Comeza a Mostra de Teatro Infantil de Ourense. Tamén falamos de ‘Os presentes proxectados’, a cuarta e derradeira sesión de ‘Mirada, país. Videocreación’.
O documental “Éxodos. De Huellas a Radha y Krishina”, producido por Mondotropo e dirixido polo coruñés Paco Cuesta, estréase hoxe ás 19:00 horas no CGAI da Coruña. O traballo é o resultado de máis dun ano seguindo ao músico de jazz Jorge Pardo.

Ademais, Luis Miguel Crespo, o noso colaborador experto en música clásica, fálanos hoxe sobre José Baldomir, o máis novo dunha serie de compositores relevantes do chamado como rexurdimento musical galego ou nacionalismo musical galego, abandeirado por figuras como Pascual Veiga, Xoán Montes, José Castro “Chané” ou Marcial del Adalid.
Viaxamos ata o Museo das Peregrinacións de Compostela, onde se presenta a iniciativa ‘Proxecta’. O obxectivo é poñer en valor os festivais e mostras de cine en Galicia.