15 anos do Festival Isto Ferve
O codirector da Sala Teatro Ensalle de Vigo, Pedro Fresneda, fala para o Diario Cultural do Festival de danza e teatro Isto Ferve.
O codirector da Sala Teatro Ensalle de Vigo, Pedro Fresneda, fala para o Diario Cultural do Festival de danza e teatro Isto Ferve.
Nesta edición de Diario Cultural falamos con Pedro Fresneda, un dos directores do Teatro Ensalle de Vigo. E como cada venres falamos de cinema e audiovisual con Beli Martínez.
O grupo Presumido visita o noso estudo para darnos todas as pistas de “Invierno”, un conxunto de tres cancións que se incluirán no seu traballo “Las 4 estaciones”.
Ademais, como cada xoves acompañanos Tito Lesende con todas as novidades do pop e do rock.
Trátase dunha película que navega polo océanos da maxia e do misterio co Courel como atmosfera protagonista.
Diana Toucedo preséntanos a súa primeira película, que navega polo océanos da maxia e do misterio co Courel como atmosfera protagonista.
Ademais, o noso colaborador Carlos Portela fálanos un mércores máis de banda deseñada.
Presentamos a exposición ‘Os adeuses’ e todas as actividades relacionadas. Tamén conversamos con Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura.
Hoxe facemos un percorrido histórico pola banda deseñada galega da man de Xulio Carballo, autor da primeira tese de doutoramento sobre os inicios do cómic en galego.
Noemi Basanta acaba de presentar a súa tese de doutoramento sobre os cambios no discurso lingüístico e de xénero nas conversas sobre mocear. Con ela falamos sobre o tema para coñecer un pouco mellor este campo.
Noemi Basanta acaba de presentar a súa tese de doutoramento sobre os cambios no discurso lingüístico e de xénero nas conversas sobre mocear. Con ela falamos sobre o tema para coñecer un pouco mellor este campo.
Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, cóntanos cales son as novas mostras en Galicia. Entre elas atópase ‘Laxeiro-Seoane. Cruce de camiños’, que está na Fundación Luis Seoane da Coruña.
A actriz Laura Villaverde fálanos sobre a obra teatral que representará na capital galega. Trata sobre unha mecánica, bloqueira e youtuber que tras o seu éxito mediático fai que a chamen dun teatro para facer o seu primeiro tutorial en directo, no que revelará en dez pasos como converterse nunha auténtica ‘it girl’.