Diario Cultural

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

XVII Premios Luís Ksado no Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego exhibe ata o vindeiro 4 de novembro as fotografías gañadoras e as finalistas do 17º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica, convocado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña. Falamos con Fuco Reyes, gañador coa súa serie “O espello de Claude”; e co comisario do certame, Xurxo Lobato.

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

Redrum Teatro estrea “O pequeno poni” en Carballo

Unha historia arredor da discriminación e o acoso escolar. Redrum Teatro estrea hoxe no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo a obra “O pequeno poni”, dirixida por Paco Becerra e protagonizada por Laura Míguez e Guillermo Carbajo.

XVI Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

O FITO pon o acento nas compañías emerxentes. Dezaseis propostas escénicas na décimo-sexta edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense. Entre os días 12 ao 22 de outubro, terá como escenarios principais o  Teatro Principal, as rúas da Cidade e o Liceo Recreo Ourensán.

‘O Corno’, sororidade diante e detrás das cámaras

‘O Corno’ conta unha historia de sororidade e a solidariedade entre mulleres tamén se viviu durante a rodaxe, cun equipo maioritariamente feminino. Conversamos con tres das integrantes do equipo artístico e técnico do filme de Jaione Camborda: a actriz Julia Gómez, que encarna a muller que pare na primeira secuencia da película; María Lado, que interpreta a Teresa, a primeira persoa que axuda a protagonista do filme a fuxir e mais Uxía Vaello, a deseñadora de vestiario da película.

Diario Cultural das 17:30

Diario Cultural das 17:30

Pin It on Pinterest