‘O ciclo da serpe’ de Dios ke te crew
Dios ke te crew regresa cun novo álbum titulado ‘O ciclo da serpe’ que presenta esta sábado 11 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Dios ke te crew regresa cun novo álbum titulado ‘O ciclo da serpe’ que presenta esta sábado 11 de maio na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Nesta edición do Diario Cultural coñecemos ‘O ciclo da serpe’ o novo disco de Dios ke te Crew e falamos co integrantes da banda de rap de referencia en Galicia. Tamén temos colaboración de artes do movemento con Rut Balbís.
Nesta edición do Diario Cultural falamos con Ángel Rueda, director do Festival S8- Mostra Internacional de Cinema Periférico, que se desenvolverá do 31 de maio ao 9 de xullo na Coruña.
A Gala do Libro Galego entrega os premios aos mellores traballos editoriais do 2018 este sábado día 11 de maio no Teatro Principal de Santiago. E entre os finalistas de todas as categorías atópanse Montse Penas Presas, finalista de ensaio; Enma Pedreira en narrativa; María Canosa en Infantil e Xosé Tomás, finalista na categoría de banda deseñada. Con todos eles falamos no Diario Cultural.

Hoxe tamén colaboración de música clásica con Luis Miguel Crespo.
Hoxe no Museo do Pobo Galego celébrase a Xornada Internacional de Museoloxía titulada ‘Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia’ e coordinada por Paula Godinhoa da Universidade Nova de Lisboa. Tamén hoxe presentouse en rolda de prensa a Gala do Libro Galego que se celebrará o vindeiro sábado día 11 de maio no Tetaro Principal de Santiago. E máis presentacións, neste caso a do Festival de Cans, e falamos con Abel Gallego Rodríguez, membro da organización dese festival.
Hoxe achegámonos ao mundo de Jules Verne grazas ao proxecto ‘Escenas para unha viaxe submarina’ da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia que se expón no MARCO de Vigo. Coñecemos este traballo co seu coordinador e profesor da ESAD Ricardo Solveira.

Tamén a nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento achéganos a homenaxe a pintora Berta Caccano, tras un ano do seu falecemento, o día 10 de maio no CGAC; e a mostra ‘Terra de soños’ da fotógrafa Cristina García Rodero, a única española que forma parte da axencia Magnum.
Neste Diario Cultural falamos con María Infantes e Din Matamoro, autora e ilustrador do libro “Mondas” que ven de publicar Euseino? Editores. Os debuxos naturais do pintor Din Matamoro son o motivo deste libro. Ademais coñecemos que o Premio Primavera do Cine á mellor longa galega é para ‘La felicidad de los perros’ de David Hernández.