[09:40:00] Diario Cultural do día 18/05/2019
destacado César Llana
destacado César Llana
Destacado Encarna Lago
Polo Día Internacional dos Museos falamos coa xerente da Rede Museística de Lugo,
Encarna Lago, e co director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, César Llana. Acompáñanos como cada sábado o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares.
O Diario Cultural emite no Día das Letras Galegas un programa especial dende o Museo do Pobo Galego, institución que Antonio Fraguas dirixiu e presidiu.
Contamos con María Xosé Cerviño, biógrafa de Fraguas e subdirectora e Padroa Fundadora do Museo do Pobo Galego; Encarna Otero, historiadora; e Rosa Méndez, bibliotecaria do Museo.
Xa está de xira ‘Unha noite na praia’, o espectáculo teatral escrito e dirixido por Javier Veiga e protagonizado por Carlos Blanco e Touriñán. Ambos volven xuntos aos teatros tras a experiencia o ano pasado de ‘Somos Criminais’. Agora regresan con esta comedia que estará por todos os teatros galegos neste mes de maio e en xuño.
Nesta edición do Diario Cultural falamos con Carlos Blanco e Touriñán que xa están de xira polos teatros galegos con ‘Unha noite na praia’, o espectáculo teatral escrito e dirixido por Javier Veiga. Ademáis temos colaboración de banda deseñada con Carlos Portela.
Hoxe falamos co cineasta galego Oliver Laxe que está seleccionado para competir na sección ‘Unha certa mirada’ do Festival Internacional de Cine de Cannes co seu terceiro traballo “Aquilo que arde”.
Tamén coñecemos o libro “Antonio Fraguas Fraguas. Estancias vitais dun mestre sabio”, de María Xosé Fernández, con motivo das Letras Galegas; e a partitura ‘Aires galegos’, de Andrés Gaos, publicada na colección Agra Vella.
Falamos con Carlos Rodríguez, un dos directores do Festival PortAmérica que se celebra en Caldas de Reis os días 4,5 e 6 de xullo porque veñen de presentar cartaz completo e actividades complementarias como o ‘ShowRocking’ que coordina Pepe Solla.
O Museo do Pobo Galego inaugura hoxe a exposición sobre a Antonio Fraguas, homenaxeado das Letras Galegas 2019. Fraguas foi director do Museo e presidente do Padroado.
Nesta edición do Diario Cultural ímos ata o Museo do Pobo Galego que inaugura hoxe a exposición sobre a Antonio Fraguas, homenaxeado das Letras Galegas 2019. Tamén coñecemos o cartaz e as actividades complementarias do Festival PortAmérica; e Alba Cid achéganos á figura de Rosalía de Castro.