Diario Cultural
[10:30:00] Cine exprés con denominación de orixe en Valdeorras
Cine exprés con denominación de orixe. Coñecemos ‘Valdeorras: denominación de cine’. Cinco días para rodar unha curtametraxe na zona e un festival con proxeccións, encontros e música promovido pola produtora Sintelobos.
[10:30:00] O Courel acolle esta fin de semana o V Festival dos Eidos
O Courel acolle esta fin de semana o V Festival dos Eidos que incorpora a escola rehabilitada de Parada aos seus escenarios. Poesía, música, danza e a estrea en Parada de Trinta Lumes, de Diana Toucedo, no programa do que falamos cunha das organizadoras, Nieves Neira.
[10:30:00] Coñecemos o traballo do ferrolán Abel Alves, un dos protagonistas de Viñetas dende o Atlántico
O guionista, que presenta a súa última obra, Segunda venida, dará unha charla este xoves na Coruña.
Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
O grupo lugués Berta Franklin actúa este sábado nos Atardeceres do Gaiás. Falamos con eles neste Diario Cultural. Como cada venres, Montse Pena recoméndanos libros para a rapazada.
A Real Academia Galega dedica a Ricardo Carvalho Calero as Letras de 2020. A profesora Aurora Marco reivindica o ‘legado…
A Real Academia Galega dedica a Ricardo Carvalho Calero as Letras de 2020. A profesora Aurora Marco reivindica o ‘legado global’ do intelectual ferrolán.
[09:30:00] Diario Cultural do día 22/06/2019
Diario Cultural das 9:30
Comeza o Surfing The Lerez
Neste Diario Cultural mergullámonos no Surfing The Lerez. O festival que se celebra na Illa das Esculturas de Pontevedra chega a súa sexta edición con Familia Caamagno, Terbutalina e Heredeiros da Crus como cabezas de cartaz. Coñecemos todos os detalles con Marcos Rivas, organizador do Festival, e con José Sánchez, guitarrista do grupo Fondo Norte que tamén estará sobre o escenario do Surfing The Lerez.
Podcast ‘Diario Cultural’ do día 20/06/2019
Neste Diario Cultural mergullámonos no Surfing The Lerez. O festival que se celebra na Illa das Esculturas de Pontevedra chega a súa sexta edición con Familia Caamagno, Terbutalina e Heredeiros da Crus como cabezas de cartaz. Coñecemos todos os detalles con Marcos Rivas, organizador do Festival, e con José Sánchez, guitarrista do grupo Fondo Norte que tamén estará sobre o escenario do Surfing The Lerez.
Tamén hoxe Tito Lesende despide a tempada no Diario Cultural das 17:30 coa estrea dos discos de s Raconteurs e Hollywood Vampires. Tamén nos avanza as novas incorporacións ao Festival Noroeste e as actuacións polo Día de San Xoán na Coruña.
‘O teu o meu… ‘ de Xacobe Meléndrez Fassbender
Coñecemos a exposición ‘O teu o meu…’ de Xacobe Meléndrez Fassbender que se ven de inaugurar no espazo de intervención cultural NORMAL da Coruña. Unha exposiciónna que o autor reflexiona sobre os límites do espazo induvidual e colectivo.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 303
- 304
- 305
- 306
- 307
- …
- 374
- Seguinte ›