Diario Cultural

Xulia Vicente chega ó Viñetas desde o Atlántico coa recente publicación de “Elisa e Marcela”

O salón de banda deseñada, Viñetas dende o Atlántico, abre as súas portas nunha nova edición na que pretende achegarse máis ó público infantil e xuvenil dende a progresiva feminización das súas voces.

E como visitante asidua na infancia do Viñetas e como muller emerxente na banda deseñada, que mellor baluarte que a escritora e ilustradora Xulia Vicente.

Xulia Vicente ten publicadas as bandas deseñadas “Anna Dédalus detective: O misterio da mansión queimada”, “Duerme Pueblo” e dous volumes da triloxía “Sello del dragón”, que espera completar cara a finais deste ano coa publicación da terceira entrega.

Porén, postos a salientar, deberiamos deternos en falar de “Elisa e Marcela“, a súa última banda deseñada, publicada este ano no día do orgullo LGTB por encargo do Consello da Cultura Galega. Un encargo sorprendente que sen dúbida soubo aproveitar.

Realizar esta banda deseñada, conta, non foi sinxelo, pois hai partes das vidas de Elisa e Marcela, que polo descoñecemento que temos delas, son ficcionadas. Porén, o proxecto saíu adiante e a distribución, di, comezará xa o vindeiro mes de setembro.

Polo de agora, neste Viñetas dende o Atlántico, Xulia Vicente terá a súa obra exposta na sede central do festival, o Kiosco Alfonso. Un espazo que compartillará cos Alessandro barbucci, Enrique Vegas e Pau.

O cuarteto de corda Cosmos actúa mañá no festival Bal y Gay co clarinetista Luis Cámara como convidado

O cuarteto de cordas Cosmos co clarinetista Luis Cámara como convidado estarán este martes 18 en Viveiro, na igrexa de San Francisco ás oito e media no marco do Festival Bal y Gay. 

 

 

Entrevista a Xosé Luís Rodríguez, comisario da exposición ‘Carvalho Calero: A voz presente’ e discípulo de Calero

Entrevista a Xosé Luís Rodríguez, un dos comisarios da exposición que este ano a Xunta de Galicia e a AGAL impulsan para lembrar a figura do homenaxeado das letras galegas. Ademais Xosé Luis é discípulo do profesor Carvalho Calero, polo que tamén pode ofrecer un achegamento á súa figura non só desde o académico. 

Diario Cultural das 10:30

Xosé Luis Rodríguez Puma fálanos da exposición Carvalho Calero: A voz presente, organizada pola AGAL e a Xunta. Conversamos tamén co violinista Bernat Prat con motivo da actuación do cuarteto de corda Cosmos na Igrexa de San Francisco de Viveiro no Festival Bal y Gay; e co clarinetista Luis Cámara que estará como convidado. 

E a nosa colaboradora especializada en poesía, Alba Cid, tráenos hoxe unha novidade de finais deste xullo de 2020, o novo poemario de Martín Veiga, A ganancia e a perda (Kalandraka, colección Tambo, 2020).

Chega o Verbum Creativo no marco da programación da Rede Municipal de Museos de Vigo para a Noite Branca de hoxe.

Con todas as normas e recomendacións sanitarias pertinentes pola COVID19, pero coa vontade de converter o museo nun espazo de participación e creación colectiva para todos os públicos.

Esta é a proposta “Verbum Creativo”, deseñada por Sinsalaudio para a Noite Branca da Rede de Museos do concello de Vigo o venres 14 de agosto. A partir das oito da tarde e até as dúas da mañá o Verbum, na avenida de Samil, converterase nun laboratorio de experimentación cunha ampla proposta de actividades para público familiar e adulto. Danza e movemento, fotografía, arte contemporánea, proxeccións, circo e un mural colectivo, da man de diferentes artistas, co obxectivo de “xuntarnos” a pesar das obrigadas distancias do tempo que vivimos.

Con todas as normas e recomendacións sanitarias pertinentes pola COVID19, pero coa vontade de converter o museo nun espazo de participación e creación colectiva para todos os públicos. Esta é a proposta “Verbum Creativo”, deseñada por Sinsalaudio para a Noite Branca da Rede de Museos do concello de Vigo o venres 14 de agosto. A partir das oito da tarde e até as dúas da mañá o Verbum, na avenida de Samil, converterase nun laboratorio de experimentación cunha ampla proposta de actividades para público familiar e adulto. Danza e movemento, fotografía, arte contemporánea, proxeccións, circo e un mural colectivo, da man de diferentes artistas, co obxectivo de “xuntarnos” a pesar das obrigadas distancias do tempo que vivimos.

Inicia mañá, sábado 15, en Ponteareas, a 8ª edición do Festival Groba de música clásica

Ponteareas acolle un ano máis o Festival Groba de música clásica nunha oitava edición moi especial, alén da situación de pandemia que rodea a todos os eventos celebrados nestes tempos.

E a excepcionalidade deste Festival Groba aséntase fundamentalmente en tres fitos: Primeiramente a homenaxe a Clara Groba, irmá de Rogelio Groba, que desgrazadamente faleceu neste ano. En segundo lugar, os 25 anos que cumpre a Orquestra de Cámara Galega, fundada por Rogelio xunto coa súa irmá Clara. E por último, pero non menos importante, o 90 aniversario do Mestre Rogelio Groba, que segue compoñendo cando supera xa con creces as 700 obras da súa autoría.

O festival reunirá a grandes talentos galegos e internacionais e as entradas, de balde, poderanse reservar no telefon 618 705 639 ou no enderezo electrónico departamentocultura@ponteareas.gal.

O Festaclown dase cita en Vilagarcía do 15 ao 22 de agosto

Do 15 ao 22 de agosto, o certame contará cunha destacada presenza de espectáculos galegos, con artistas como A Chunga y Befa ou Píscore; que compartirán cartel con outras propostas estranxeiras, como Cía Vaya. E, por suposto, o teatro será o protagonista. 

O luns 17 comeza Viñetas desde o Atlántico

O Salón Internacional do Cóimic Viñetas desde o Atlántico, que este agosto alcanza a súa edición número 23, centrarase nesta ocasión no espazo temporal no que se sementa a afección á banda deseñada, o cómic infantil e xuvenil. Por iso, catro das principais editoriais adicadas a ese segmento, Cúpula, Astronave, Astiberri e Mamut, encherán de orixiais dos seus principais creadores a sala de exposicións de Palexco. 
Tamén, con motivo do centenario da Bauhaus, a Sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita, acollerá os orixinais da novela gráfica ‘MIES’ o biopic que Agustín Ferrer Casas publicou sobre o arquitecto Mies van der Rohe, último director desa escola berce da arquitectura e do diseño modernos. 

Pin It on Pinterest