Xosé Manuel Soutullo, novo director xeral da editorial Galaxia
Conversamos co editor Xosé Manuel Soutullo, que acaba de asumir a dirección xeral da editorial Galaxia, vacante trala dimisión de Francisco Castro o 18 de setembro. Soutullo estivo vinculado profesionalmente á editora durante máis de 40 anos, nos que asumiu diferentes cargos, e quere ser un director xeral “de equipos”. Sinala como primeiro grande obxectivo da súa xeira na dirección xeral o 75 aniversario da editora, no ano 2025.