Diario Cultural

Xa no prelo unha nova biografía revisada de Isaac Díaz Pardo escrita por Xosé Ramón Fandiño.

Xosé Ramón Fandiño é investigador, escritor, tradutor e editor. Xa publicara no 2013 Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, e agora acaba de escribir unha nova biografía revisada de Díaz Pardo que está xa no prelo e sairá dentro de un mes.

As artistas Misha Bies, Jacobo Bugarín e Xisela Franco, protagonistas da segunda xornada de ‘Discursos en acción’

Co apoio da Área de Cultura da Deputación de A Coruña e comisariado por Performa, a Libraría NUMAX celebra o sábado 22 de agosto a segunda e última xornada dos Discursos en acción, un ciclo de conferencias performativas que muda o Cinema NUMAX nun espazo onde ensaiar propostas entre o divulgativo, o artístico, o escénico ou o audiovisual. Interveñen Jacobo Bugarín, Misha Bies Golas e Xisela Franco 

Durante a mañá e a tarde do sábado 22 de agosto os artistas Jacobo Bugarín, Misha Bies Golas e Xisela Franco serán os encargados de expoñer as súas conferencias ante o público que reserve praza -de balde- no correo comunicacion@numax.org.

 

Nathaly Ossa ofrece a conferencia ‘Música que transforma: como se trasforman as sociedades a través da música’

Nathaly Ossa estará hoxe na Casa da Cultura de Foz, cun coloquio titulado Música que transforma: como se transforman sociedades a través da música. Unha viaxe a través de proxectos sociais-musicais con extraordinarios resultados que evidencian o poder da música para transformar sociedades e integrar cidadáns. A partir das 20:30h no marco do festival Bal y Gay.

Diario Cultural das 10:30

Nathaly Ossa ofrece a conferencia: Música que transforma: Como se transforman as sociedades a través da música. Falamos coa comisaria das xornadas de conferencias performativas Discursos en Acción.

E a nosa colaboradora Montse Pena traenos Unha estrela para Amina de Celia Díaz e ilustrado por Kristina Sabaite. 

Cúmprese mañá 21 de agosto o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo

Cúmprese mañá 21 de agosto o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo.

Recuperamos unha entrevista a Paco Díaz como coordinador de Ensamble Isaac, homenaxe do pobo a Isaac. Memorial Ensamble Isaac ten caracter permanente no Castelo de San Antón en Oleiros.

A Casa das Artes de Vigo acolle “Silverio Rivas: Mente e Materia”, un repaso ós últimos 50 anos do artista.

Silverio Rivas, ‘Mente e Materia’ chega á Casa das Artes de Vigo como repaso ós derradeiros traballos levados a cabo polo escultor galego.

A obra de Silverio Rivas caracterízase polo énfase en custións coma o equilibrio ou a tensión entre contrarios, buscando a harmonía entre espazos e materiais.

Ramona Órbita: A dona do tempo é o novo libro-CD de Pakolas

Publicado pola editorial Galaxia, ‘Ramona Órbita:A dona do tempo’ é a historia dunha muller moi boa na horta e preocupada polo medioambiente, que emprende unha viaxe coa súa máquina do tempo para atopar a máquina de movemento perpetuo de Leonardo da Vincia coa que xerar enerxías renovables. Unha historia a través da música de Pakolas e ilustrada por Laura Romero. 

Asociación Nordés organiza a X edición das ‘Xornadas Memoria dun Tempo’ desde hoxe ata o domingo

A Asociación Nordés organiza desde hoxe, e ata este sábado  22 de agosto a X edición das “Xornadas Memoria dun Tempo”, versión Covid.19, que ven a ser plantexada e levada adiante despois dun proceso de debate sobre a realización ou suspensión deste encontro anual coa memoria histórica no Ortegal e A Mariña.  
Deste xeito, as conferencias terán un aforo limitado a 28 persoas e serán retransmitidas polo facebook de Nordesfaladora. Hoxe, a partir das 19:30 comeza o ciclo coa exposición ‘Democracia e violencia na II República’, na que intervirán Emilio Grandio, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela; e Eliseo Fernández, historiador ferrolán e grande coñecedor da historia do anarquismo na Galicia. 

Diario Cultural das 10:30

Leti Breixo da Asociación Nordés fálanos da X edición das Xornadas Memoria dun Tempo versión Covid-19, que se desenvolverán desde hoxe ata o próximo 22 de agosto. Pakolas estrea novo libro-CD Ramona Órbita: a dona do tempo, ilustrada por Laura Romero. 

E o noso colaborador Alfonso Espiño descóbrenos algúns dos novos talentos galegos na música. 

Pin It on Pinterest