Diario Cultural

Miguelanxo Prado publica ‘O pacto do letargo’, unha banda deseñada que presenta o “problema de relación entre a humanidade e o planeta”

Unha novidade literaria, Miguelanxo Prado ven de publicar O pacto do letargo, que conta con versión en galego de Retranca Editora e en castelán con Norma editorial

A historia narra como un estudante que esperta sen pretendelo ós máxicos: anxeles e demos sumidos nun voluntario letargo á espera de que o ser humao se reconcilie ca


 

Preséntase na Cidade da Cultura o ciclo musical ‘Galicia emerxe’ para a reactivación da produción cultural

O Conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, presentou na Cidade da Cultura  o ciclo musical Galicia Emerxe. Un programa de música en directo promovido pola Xunta de Galicia no marco do Plande reactivación do sector cultural fronte os efectos derivados da COVID-19.

 

Nace o Festival Sons da Canteira no Porriño

O sábado a canteira de Vilafría en Porriño acollerá a partir das seis da tarde a primeira edición do festival Sons da Canteira polo que pasarán Baiuca, Mercedes Peón, Laura Lamontagne e Pico Amperi, e abrindo o concerto DJ Juanma Lodo.

 

 

Diario Cultural das 10:30

Falamos con Laura Lamontagne e Pico Amperio do novo festival Sons da Canteira do Porriño. Preséntase na Cidade da Cultura o ciclo musical Galicia Emerxe, para a reactivación do sector cultural. Tamén entrevistamos a Miguelanxo Prado que ven de publicar O pacto do Letargo

E a nosa colaboradora Montse Pena fálanos hoxe das Contrahistorias de Galicia, de Antonio Reigosa. 

Hoxe comeza a XXI Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei

Ata o 7 de setembro participarán 7 grupos de Galicia, 3 serán compañías profesionais e 4 de teatro afeccionado. Amáis, un chegado de Villalpardo -Cuenca e outro procedente de Madeira – Portugal. As actuacións serán na casa de Cultura de Palas de rei ás 21h. Esta tarde abre co obradoiro coordinado por Alfonso García Penas,“Tecedora de soños”, obra de creación colectiva do alumnado e a entrega do Premio Careón á escritora Iolanda R. Aldrei.

Pedro Brandariz recollerá o vindeiro venres 7 de setembro o premio Mácara á súa traxectoria profesional, tamén nesta edición será galardoada a Asociación Cultural Irmans Picallo de Sada pola labor de recuperación e difusión do patrimonio cultural.

 

Finaliza o X Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura

Baixo a dirección de Rafael Doctor, coa colaboración da Fundación Sabadell, neste décimo encontro, reuníronse artistas de Galicia cunha idade comprendida entre os 18 e 35 anos. O rural e as novas tecnoloxías focalizaron as novas correntes contemporáneas de expresión artística: artes plásticas, audiovisual,  pintura, escultura ou deseño gráfico. Con esta edición, súmanse ao talento de 600 creadores que teñen participado ao longo destas edicións.

Neste encontro os novos talento puideron aprender de referentes coma Oliver Laxe, Paula Rubio Infante, Chelo Matesanz e na xornada de hoxe, o creador multidisciplinar Carlos Aires será o encargado de pechar o programa.

 

Diario Cultural das 10:30

Facemos balance do X Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura. Afonso García preséntanos a XXI Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei que comeza hoxe. 

E o noso colaborador Alfonso Espiño, segue a nos descubrir novas musicas feitas por mozas galegas. Hoxe ofrécenos unha pequena escolma de lanzamentos con moita alma e sensibilidade: Safe Space do dúo Inland Valley, o novo disco La Senda del Hielo de Marcos Guitián e Carta Aberta da guitarrista e cantante Antía Muíño. 

Entrevista a Belén Bermejo, directora do ciclo De Lugares e Órganos

Estase a celebrar en Santiago de Compostela o ciclo De lugares e órganos, con actividades musicais que permiten ao público ver máis de preto o instrumento e con outras iniciativas como charlas e unha exposición fotográfica. 

As actividades son gratuítas, pero é preciso obter unha invitación previa. 

O Delas Fest comeza a súa segunda edición

A nova edición do festival feminista de arte urbana e contextual celebrarase entre o 24 de agosto e o 20 de setembro nos concellos de Teo, Ames e Brión, deixando a súa sinatura con perspectiva de xénero nos muros e fachadas da comarca compostelá. 

O proxecto é pioneiro en Europa e está organizado por 7H Cooperativa Cultural, co obxectivo de democratizar a expresión artística na rúa e contribuír ao combate das desigualdades materiais e simbólicas que sofren as mulleres que crean no espazo público. 

Pin It on Pinterest