Diario Cultural

Setembro será o mes do cinema en Galicia con seis festivais espallados polo noso país

O Festival de Cans -con homenaxe neste ano a Chano Piñeiro-, n’O Porriño; o Festival Internacional de Curtas, en Verín; o FIC, de Bueu; o Festival Primavera do Cine, en Vigo; o Ourense Film Festival, e a Mostra de Cinema Periférico, n’A Coruña. Estes seis festivais marcan a axenda cinematográfica galega neste completo mes de setembro.

O Festival de Cine de Málaga premia ao cinema galego

Nesta pasada fin de semana, o festival andaluz daba a coñecer os filmes premiados desta XXIII edición entre os que atopamos nomes galegos: a produtora Chelo Loureiro, a directora Marta Porto, a curta de ficción “Xoves de Comadres”, dirixida por Noemí Chantada; a curta de animación “Homomaquia”, dirixida por David Fidalgo, e “Lúa Vermella”, dirixida por Lois Patiño e participada pola TVG, premio á mellor película na sección ZonaZine.

Xico Paradelo fálanos da banda deseñada sobre Carvalho Calero

Falamos co artista Xico Paradelo, que xunto con Irene Veiga e Iván Suárez están a cargo desta iniciativa, que propoñen como ‘unha viaxe no tempo ata o Ferrol de comezos do século XX, no que o neno Ricardo Carvalho Calero naceu e se creu’. 

O responsable gráfico da obra é Iván Suárez, premio Castelao de Banda Deseñada. Unha obra que editarán Através Editora e Demo Editorial. 

 

Facemos repaso do palmarés da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e o Festival de Málaga

Facemos repaso do palmarés da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e o Festival de Málaga

Diario Cultural das 10:30

Facemos repaso do palmarés da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e o Festival de Málaga. Falamos co artista Xisco Paradelo da Banda Deseñada que recolle a vida de Carvalho Calero. 

E a nosa colaboradora Alba Cid, tráenos hoxe na páxina poética o primeiro poemario de Regina Touceda: Deriva (Editorial Espiral Maior, 2020), que foi merecedor do XXXII Premio Pérez Parallé.

O Resurrection Fest inicia hoxe ás 21:00 a súa edición online

Xa non queda nada para gozar dunha fin de semana chea de concertos, documentais sobre o festival, estreas e demais contidos preparados pola organización do Resurrection Fest.

Poderase ver de maneira gratuíta na canle de Youtube do festival, e tamén será posible colaborar coas campañas solidarias de Cruz Vermella e da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Comeza ás 21 horas cun repaso ó festival dende os seus propios inicios.

O Festival de Cans homenaxeará na súa XVII edición ó mítico cineasta galego Chano Piñeiro

Nesta XVII edición do Festival de Cans, de homenaxe ó mítico cineasta galego Chano Piñeiro, prepárase un novidoso formato con medidas moi estudadas  contra a propagación da Covid-19. Un festival único e singular que remata a venda das súas entradas no vindeiro luns 31 de agosto na páxina web do festival.

Adíase por mor da Covid-19 a Gran Festa do Jazz Galego, que se celebrará o 27 de setembro

Lugo adía a Gran Festa do Jazz Galego ata o 27 de setembro. Esta Jam Session será a maior da historia: máis de 100 artistas e máis de 5 horas de duración. Ademais, será adicada ó músico Charlie Parker, polo centenario do seu nacemento.

Pin It on Pinterest