Diario Cultural

A UDC organiza o 35º Congreso Internacional de Arquitectura e Deseño Urbano Sustentables

O congreso PLEA (polas súas iniciais en inglés) é nada menos que o congreso internacional máis importante e antigo, logo de 34 edicións, sobre este tema e vén reunindo entre centos de expertos no deseño e planificación sustentable de edificios e cidades, provenientes das principais universidades e centros de investigación do mundo.

Cada congreso PLEA é un foro aberto, internacional e interdisciplinario para promover investigacións, prácticas e educación de alta calidade en deseño ambientalmente sustentable, pero o PLEA 2020, organizado pola Universidade da Coruña, céntrase no tema específico das Cidades Climaticamente Neutras.

Diario Cultural das 14:30

A UDC organiza o 35º Congreso Internacional de Arquitectura e Deseño Urbano Sustentables. Falamos con Alberto Vilas que nos presenta o seu último traballo: Ialma. 

A nosa colaboradora Luz Castro fálanos hoxe das  II Xornadas de Videoxogos e Literatura, organizadas pola Fundación Carlos Casares coa colaboración do MUVI para os próximos días 11 e 12 de setembro  no MARCO de Vigo as. Haberá conferencias, faladoiros e mesas redondas sobre a narrativa e a literatura nos videoxogos, a xestión de proxectos, a comunicación en prensa, videoxogos e educación, e unha chea de cousas máis. Como novidade, nesta edición convócanse dúas competicións: un concurso de Arte Pixelada e unha “Game Jam”.

Roberto Pascual fálanos hoxe do teatro de obxectos

Lalín é terra de monicreques. Varias compañías que naceron nas terras do Deza e o proxecto do Museo Galego da Marioneta así o demostran. No festival Titirideza de 2020 presentáronse os novos espectáculos para público familiar de dúas delas: Novos lobos de Fantoches Baj e Varietés do Animalario de Paporrubio, cinguidas ademais por compartiren como protagonistas os personaxes do lobo e o raposo, moi presentes nas fábulas populares.
Tempo de títeres e de repaso por esta arte escénica co noso colaborador Roberto Pascual.

A ópera prima de Paula Cons, A illa das mentiras, estréase en sala no Festival de Cans

Hoxe comeza no Porriño, e ata o 5 de setembro a XVII edición do Festival de Cans que este ano renderá homenaxe a Chano Piñeiro no 25 aniversario do seu pasamento. Compiten na sección oficial do festival 23 curtametraxes e 15 videoclips. Amáis haberá 15 estreas e 10 estreas en Galicia. Entre as máis sonadas, a ópera prima de Paula Cons, ‘A illa das mentiras’, que se proxectará por primeira vez en sala en Galicia. O festival contará coa presenza da actriz compostelá Nerea Barros.

Diario Cultural das 10:30

Hoxe comeza no Porriño, e ata o 5 de setembro a XVII edición do Festival de Cans que este ano renderá homenaxe a Chano Piñeiro no 25 aniversario do seu pasamento. Compiten na sección oficial do festival 23 curtametraxes e 15 videoclips. Amáis haberá 15 estreas e 10 estreas en Galicia. Entre as máis sonadas, a ópera prima de Paula Cons, A illa das mentiras, que se proxectará por primeira vez en sala en Galicia.

O noso colaborador de artes escénicas, Roberto Pascual fálanos de títeres e do teatro de obxectos. 

Hoxe remata o ciclo De Lugares e Órganos co concerto de Tasto Solo, de Guillermo Pérez e a soprano Anne Kathryn Olsen

O proxecto de Guillermo Pérez e a soprano Anne Kathryn Olsen, “tasto Solo” chegará en concerto hoxe ás 20:30, no marco do ciclo De Órganos de Lugares, dirixido por Belén Bermejo, á Igrexa de San Fiz de Solovio. Alí explorará as orixes da polifonía en Europa a través dunha variada selección de motetes compostos a mediados do século XIII, xunto con outras pezas características da Ars Antiqua e comezos da Ars Nova. O programa está interpretado ao órgano portativo por un dos seus máis virtuosos intérpretes, Guillermo Pérez, acompañado pola soprano estadounidense Anne-Kathryn Olsen.

O Festival de Cans trae a Galicia a exposición “Fóra de Escena”, de Rubén de Marina e Sebastián Cocucci

O artista porriñés Rubén de Marina e o fotógrafo Sebastián Cocucci traen a Galicia, da man do Festival de Cans, esta exposición que se inaugura hoxe no Centro Cultural d’O Porriño. Unha mostra, din os seus autores, na busca dunha expresión: a dos rostros de cada un de nós se vísemos a morte fronte a fronte.

Comeza a XXI edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela

Nas salas e nas rúas, durante toda a semana, títeres e monicreques encherán Redondela neste FIT que xa esgotou as súas entradas e que renderá homenaxe á primeira compañía galega do sector: Monicreques de Kukas. Tanto Kukas como o director do FIT-Redondela, Luís Crespo, visitan ohoxe o Diario Cultural.

Pin It on Pinterest