Diario Cultural

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevista a Manuel Rivas por ‘O Chispas’.

A Asociación Ciclo de Música de Barca de Mera presenta o ciclo ‘Camiño de Cantares’

A Asociación Ciclo de Música de Barca de Mera presenta o ciclo ‘Camiño de Cantares’ con dous libros-CD e nove concertos en localidades da ruta xacobea. 

As publicacións titúlanse Libro de órgano da Catedral de Tui (séc.XVIII) e Libro III de Polifanía (séc. XVII-XVIII) que serán intepretados este sábado e o 12 de setembro respectivamente. 

Os concertos terán lugar en Tui, Celanova, Santiago de Compostela, Padrón, Melide, Ribadavia, Muxía e Oia no marco do programa O teu Xacobeo

O Festival de Cans entregará hoxe o Premio Pedigree á directora Manane Rodríguez, os Chimpíns de Prata Pepe Puime e o Chimpín…

O Festival de Cans entregará hoxe o Premio Pedigree á directora Manane Rodríguez, os Chimpíns de Prata Pepe Puime e o Chimpín de Prata Divina Campos

Aínda que mañá sábado remata esta XVII edición do festival, ás medidas de reducción de aforo motivaron a creación dunha fórmula mixta que fará que sigamos falando de Cans. Trátase dun formato extandido co que se difundirán as curtas a concurso por dúas vías diferentes unha vez rematado o certame: a través da distribución en salas de cine e cunha versión de pago en liña para ver os filmes na propia web do certame.

A sala Ártika de Vigo impulsa o I Festival Comediártiko durante o mes de setembro

A sala Ártika, situada na avenida de Beiramar de Vigo retoma toda a súa actividade no mes de setembro cunha nova programación teatral: o I Festival Comediártiko. Cinco das mellores compañías de Galicia comparten cartaz neste festival, o primeiro que a sala adica integramente á comedia.

Talía Teatro, Chévere, Mofa e Befa e as compañías viguesas Teatro Avento Producións e Enconarte producións serán as encargadas de facer que o público encha de risas o teatro. 

Allariz acolle o Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RIR

Allariz acolle o Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RIR no que se proxectarán 42 curtametraxes de animación e ficción ata o 6 de setembro. 

Os espazos nos que desenvolverán as proxeccións estarán distribuídos entre a Casa da Cultura, a Fundación Vicente Risco, o Espazo BenComún, o Campo dos Brancos e a Praza do Matadoiro. Unha edición que, ademáis, ríndelle tributo a Harold Lloyd, un dos grandes cómicos da historia do cine na década dos vinte.

Do 11 e 12 de setembro terán lugar no MARCO de Vigo as II Xornadas de Videoxogos e Literatura

A nosa colaboradora Luz Castro fálanos hoxe das  II Xornadas de Videoxogos e Literatura, organizadas pola Fundación Carlos Casares coa colaboración do MUVI para os próximos días 11 e 12 de setembro  no MARCO de Vigo as. Haberá conferencias, faladoiros e mesas redondas sobre a narrativa e a literatura nos videoxogos, a xestión de proxectos, a comunicación en prensa, videoxogos e educación, e unha chea de cousas máis. Como novidade, nesta edición convócanse dúas competicións: un concurso de Arte Pixelada e unha “Game Jam”.

Tamén achéganos unha das novidades do videoxogo: The Waylanders está neste momento dispoñible na plataforma Steam en Acceso Anticipado, o que hai é unha versión Alfa. A versión Alfa dun xogo é a primera versión funcional, o xogo aínda está incompleto, inestable e con erros. O acceso anticipado ou acceso temperán (en inglés, early access) é unha forma común de obter fondos para videoxogos independentes, como o micromecenado.

 

Alberto Vilas sorprenderá ó público co seu concerto de piano no Espazo Fortaleza de Goián

Un marco incomparable para un concerto único. O recoñecido músico e compositor Alberto Vilas levará o seu piano a este espazo único á beira do río Miño para presentar ‘Naialma’, un proxecto musical con temas que foron crecendo ao longo do tempo ata encher toda unha mochila de vivencias persoais e profesionais.

Pin It on Pinterest