Diario Cultural

O MARCO de Vigo acolle a exposición “A historia dos videoxogos en 360º”

A Fundación Carlos Casares organiza as “II Xornadas Videoxogo e Literatura. Unha mirada transversal”, que excepcionalmente este ano acollerán “A historia dos videoxogos en 360º”, unha mostra realizada polo Museo do Videoxogo de Cangas para estas Xornadas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

II Xornadas de Videoxogo e Literatura no museo MARCO de Vigo.

A Asociación Cultural Contos Estraños Editora inicia unha campaña de microfinanciamento para a colección “A miña primeira novela de…”

A Asociación Cultural Contos Estraños Editora inicia unha unha campaña de microfinanciamento a colección “A miña primeira novela de…”
Creada en 2011 coa intención de promover a literatura de fantasía, terror e ciencia ficcion en galego, con este proxecto pretende sacar á luz  As probas de mago, “A miña primeira novela de maxia” de Vanesa Santiago; A caída de Guiomar de Alba Rozas, ” A miña primeira novela de fantasía épica galega”; e de Tomás Rivera Pegadas de Búfalo, “A miña primeira novela do salvaxe oeste” e Visitantes de estrela vermella de Tomás G. “A miña primeira novela de ciencia ficción”

Diario Cultural das 10:30

A Asociación Cultural Contos Estraños Editora inicia unha campaña de microfinanciamento para a colección “A miña primeira novela de…”

E o noso colaborador Roberto Pascual fálanos hoxe de PYKA o novo espectáculo de Cinema Sticado de Xosel Díez e Helena Varela.

A Fundación Uxío Novoneyra abre a II convocatoria das residencias poéticas “Ámeto Mítico”

A Fundación Uxío Novoneyra abre a II convocatoria das residencias poéticas ‘Ámeto Mítico’ no camiño de Santiago,  unhas residencias itinerantes de escrita e peregrinación poética pola ruta xacobea en territorio galego co obxectivo de divulgar o Camiño de Santiago como espazo mítico sobre o que continuar a escribir poesía. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

A Fundación Uxío Novoneyra abre a II convocatoria das residencias poéticas “Ámeto Mítico”. A Fundación Barrié crea unha app que permite explorar os detalles do Pórtico da Gloria con súper-zoom 

Dequenvessendo estrea o seu primeiro traballo discográfico ‘Canto das xacias’

Dequenvessendo acaba de sacar o seu primeiro traballo discográfico titulado Canto das Xacias, un traballo co que pretenden poñer en valor a importancia da recuperación do imaxinario popular galego e da literatura oral, e que conta coas colaboracións de artistas como Sés, Bieito Romero ou Nani García.

Diario Cultural das 10:30

Dequenvessendo estrea o seu primeiro traballo discográfico ‘Canto das xacias’ e Armando Requeixo homenaxea coa súa colaboración ao intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo.

Chega unha novidade na literatura teatral: A Matanza Clandestina, de edicións Fervenza e da autoría de Fernando González Graña

Unha obra que recupera a tradicional matanza do porco polo San Martiño en clave de sátira ás leis impositivas que se promulgan sen ter en conta a idiosincrasia nin a cultura popular do pobo. 

NA VOZ DE… | Manolo Rivas publica “O Chispas”, unha novela histórica alternativa para xente moza

Unha novela de ficción científica de Manolo Rivas protagonizada polO Chispas, un músico cósmico nacido en Estrelampo, onde mana a Fonte da Fala que foi secando sen que apenas ninguén o avisara.

É a historia engaiolante dunha estrela do firmamento do rock, o Chispas, a quen lle puxeron o sobrenome d’ O Tic do Demo, debido a que o seu primeiro éxito foi a canción «Somos o demo», nacida grazas a memoria manancial da Fonte da Fala. Un éxito sorprendente polo que será convidado ao festival de Salvaterra, ao que acudirá na súa vella Montesa e coa guitarra Electra en bandoleira. Mais despois de actuar perderase na noite e aí comezara outra viaxe.

No Diario Cultural falamos con Manuel Rivas, que ofrece n’ O Chispas a súa aventura infantil máis audaz, imaxinativa e trangresora.

Pin It on Pinterest