Diario Cultural

Diario Cultural das 10:30

Entrevista ao coordinador de ‘Camiño Escena’, Diego V. Meizoso. Colaboración de Montse Pena Presas sobre literatura infantil e xuvenil.

O Revenidas volta a Vilaxoán coa súa edición “En Conserva”.

Nesta edición o Revenidas combina concertos de pago con actividades e concertos de balde en distintos lugares da vila. De xeito controlado, con aforos reducidos e coas medidas hixiénico sanitarias pertinentes porque a organización do Revenidas, afirma, cre e traballa a prol dunha cultura segura.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Festival Revenidas en Conserva. Entrevista ao director, Xoán Quintáns. Colaboración de Tito Lesende sobre música pop e rock.

Plataforma inaugura hoxe en Compostela unha decena de espazos para unha programación de artes.

Nestes días está a ter lugar a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma. Un proxecto, que baixo o fío da  performatividade, quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas; a música, a arquitectura e o deseño.

Dirixido pola cooperativa galega Performa, o Plataforma defínese como un festival de cidade, transversal, comprometido co urbanismo e a riqueza patrimonial material e inmateria de Compostela.

 

“Leopoldo, o pequeno monstro” é o novo conto infantil da escritora e ilustradora Estefanía Padullés

Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio. Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión… E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?

Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

 “Leopoldo, o pequeno monstro”, conto infantil da escritora e ilustradora Estefanía Padullés.

Comeza hoxe a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma en Compostela

Hoxe comeza a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, que nace coa intención de tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño.

Diario Cultural das 10:30

Hoxe comeza a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, que nace coa intención de tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño. Falamos con unha das co-directoras do festival, Mónica Maneiro. 

E o noso colaborador Matías Tarrio tráenos a terceira entrega de Viva o Verán! adicada á época estival. Desta quenda facemos un percorrido por bandas ou cancións que remiten ao verán ou algún verán en particular. 

O colectivo RPM impulsa a cuarta edición das Residencias Paraíso

Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar.

Deste xeito, a cuarta edición de Residencias Paraíso abre a súa convocatoria para acoller ata 7 proxectos en residencia cun importe total de 15.000 euros.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Residencias artísticas promovidas polo colectivo RPM. Colaboración de Mario César Vila sobre arqueoloxía.

Pin It on Pinterest