Arranca Womex 2023
Unhas 3.000 persoas danse cita, considerado como o encontro musical máis internacional e diverso do mundo. Desprazámonos ata alí para falar con Victor Belho, de Nordesia e Carlos Seixas, do Festival de Músicas do Mundo de Sines.
Unhas 3.000 persoas danse cita, considerado como o encontro musical máis internacional e diverso do mundo. Desprazámonos ata alí para falar con Victor Belho, de Nordesia e Carlos Seixas, do Festival de Músicas do Mundo de Sines.
Inaugúrase na Fundación Laxeiro de Vigo a exposición “O que hai., obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade”
Diario Cultural das 19:45 horas
Comeza na Coruña a 29ª edición do Womex
É a décimo sexta edición do certame anual organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, que reunirá máis de seiscentos músicos no Pazo da Cultura de Narón. Once bandas, dúas delas chegadas desde fóra de Galicia, competirán nas diferentes categorías.
Conversamos con Iván Estévez, trompetista e presidente da Federación, e coa pianista e compositora María Mendoza, que dirixirá a Chikiband da Limia, unha das bandas participantes na sección infantil. A Agrupación Musical da Limia, que competirá na sección segunda, interpretará no seu programa un pasodobre composto por María Mendoza.
O guionista Óscar Cruz visita ó estudo do Diario Cultural para falarnos de “A arte de ser un mal pai”, unha serie en lingua galega que se estrea en Filmin grazas á selección oficial no Festival Serielizados de Barcelona e Madrid.
Última oportunidade para asistir ó V Festival Ateneo Barroco. Remata hoxe co concerto “Biber, as Sonatas do Rosario”, interpretado por Lina Tur Bonet e o seu conxunto Música Achemica. Falamos co responsable da dirección artística do festival, José Víctor Carou.
Diario Cultural das 19:45