Diario Cultural

A adaptación teatral de Fariña abrirá a temporada de teatro en Madrid nas Naves del Español

Despois do seu éxito en Galicia, a adaptación teatral de Fariña chegará a un dos espazos de máis sona de Madrid. O concello madrileño presentou onte a programación do Teatro Español e as Naves del Español en Matadero, os centros de referencia na cidade.

A adaptación da obra de Nacho Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia será un dos primeiros títulos neste reencontro dos espectadores co teatro logo da parálise provocada pola crise sanitaria.

Diario Cultural das 17:30

Entrevista a Nacho Carretero pola adaptación teatral de ‘Fariña’. Colaboración de Tito Lesende sobre pop e rock.

O Consello da Cultura Galega pon en rede unha parte do epistolario de Virxinia Pereira

O Consello da Cultura Galega deita na rede o epistolario cruzado entre Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969) e Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898-Vigo, 1987). Son 28 cartas que intercambiaron entre 1951 e 1967, nas que se achega información relevante para entender os conflitos xurídicos pola herdanza de Castelao. 

Estas cartas, dixitalizadas e transcritas do fondo Valentín Paz-Andrade inclúen tamén 15 misivas con outros correspondentes: José Ortega Spottorno, Alfonso Fidalgo-Pereira, Clemencia Pereira Renda e Pilar Rodríguez de Prada.

O epistolario complétase cunha reportaxe contextualizadora de Culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do CCG e un artigo asinado por Miguel Anxo Seixas Seoane que analiza a relación entre Virxinia e Castelao.

 

Nace Afouteza: unha nova asociación cultural na cidade da Coruña

Nada na cidade herculina e fundada por un conxunto de membros que non sobrepasan a trintena de idade, cunha vontade de renovación do ciclo cultural galego e coruñés. Entre os seus principais obxectivos, din os seus fundadores, están reunir ao conxunto da comunidade cultural e procurar novas formas de producir arte. Falamos cun dos seus fundadores. 

A Galería Vilaseco inaugura a exposición colectiva ‘O Pronunciamento’

O pronunciamento parte dunha noticia aparecida o 13 de deceembro de 1857 no diario El País Diario de Pontevedra a propósito dos disturbios que tiveran  lugar o día 7 daquel mesmo mes na Fábrica de Tabacos d’A Palloza (A Coruña).

Trátase dunha mostra colectiva con obra de Carla Souto,  Carme Nogueira, Diego Santomé, Jorge Varela, Mar Ramón y Rodríguez-Méndez, comisariada por Ángel Calvo Ulloa.

 

Diario Cultural das 14:45

A Galería Vilaseco inaugura a exposición colectiva ‘O Pronunciamento’ con obra de Carla Souto,  Carme Nogueira, Diego Santomé, Jorge Varela, Mar Ramón y Rodríguez-Méndez, comisariada por Ángel Calvo Ulloa.

Falamos cun dos fundadores de Afouteza, unha nova asociación cultural na cidade da Coruña. Ademais, o Consello da Cultura Galega pon en rede unha parte do epistolario de Virxinia Pereira

Cámara Negra estrea ‘Clausura do amor’ no Salón Teatro

A compañía Cámara Negra en coprodución co Centro Dramático Galego estrea ‘Clausura do amor’, o emblemático texto do francés Pascal Rambert, baixo a dirección de Carlos Álvarez-Ossorio e con Teté García e Xosé Esperante como protagonistas. As funcións serán hoxe, mañá venres 18 e o sábado 19 ás 20:30 horas e o domingo 20 ás 18 horas.


 

Diario Cultural das 10:30

A compañía Cámara Negra en coprodución co Centro Dramático Galego estrea ‘Clausura do amor’, o emblemático texto do francés Pascal Rambert, baixo a dirección de Carlos Álvarez-Ossorio e con Teté García e Xosé Esperante como protagonistas. As funcións serán hoxe, mañá venres 18 e o sábado 19 ás 20:30 horas e o domingo 20 ás 18 horas.

Begoña Vázquez achéganos dúas estreas: Uno para todos de David Ilduain que chega mañá aos cines e a nova versión de Pinocho de Matteo Garrone e cun protagonista coñecido, o actor Roberto Benigni. 

 

A guitarra de Lorca volve soar da man do músico Samuel Diz, que publica “Memoria de la melancolía”

En “Memoria da melancolía” o guitarrista e investigador Samuel Diz homenaxea á escritora e activista feminista María Teresa León. Un percorrido pola súa autobiografía a través de composicións musicais orixinais da xeración do 27′ e o exilio republicano español gravadas efectivamente coa guitarra de Federico García Lorca.

Samuel Diz tomou como folla de roteiro a autobiografía de María Teresa León, visitando deste xeito as cidades que ela habitou e as rúas que pisou, finalizando co encontro con Aitana Alberti León, a filla de María Teresa con Rafael Alberti, para pedirlle o permiso emocional da persoal homenaxe que lle quería render á súa nai neste traballo.

Por outra banda, a prática totalidade dos nomes propios que integran este disco viviron o exilio republicano de 1939, un fito que marcou a vida de María Teresa León. Á súa morte, a súa filla diría dela que, de ter nacido home, sería considerado un dos máis grandes da historia. No estatus, sería o caso, do seu grande amigo Federico García Lorca, con quen tan boa e tenra relación gardaba.

A publicación do músico galego complétaa toda a investigación realizada e achegas inéditas do propio Samuel Diz que están recollidas nun amplo libreto que acompaña ao disco.

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Presentación en Galicia do disco “Memoria da melancolía” de Samuel Diz, guitarrista einvestigador da música na Xeración do 27. Colaboración de Mario César Vila sobre arqueoloxía.

Pin It on Pinterest