Diario Cultural

Entrevista a Aline Frazão, gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2010

Hoxe conversamos coa gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2010, Aline Frazao, coa canción María Silencio -e a banda A Miña Embala, xunto con César Harraz-. Mañá remata o prazo de presentación de cancións para o concurso, para o que xa hai máis de 40 propostas. 

Diario Cultural das 10:30

Hoxe conversamos coa gañadora do concurso Musicando Carvalho Calero 2010, Aline Frazao, coa canción María Silencio -e a banda A Miña Embala, xunto con César Harraz-. Mañá remata o prazo de presentación de cancións para o concurso, para o que xa hai máis de 40 propostas.  

E coñecemos co noso colaborador Luis Miguel Crespo un pouco máis das programacións da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia, dúas tempadas cargadas de grandes concertos que achegan o mellor da música clásica ao público das súas sedes no Auditorio de Galicia e no Coliseum coruñés, ademais de ao do resto das cidades galegas. Música dos mellores compositores da historia xunto con música de compositores e compositoras galegas, estreas absolutas, concertos didácticos, proxectos educativos… En definitiva, dúas grandes propostas que nos achegan cultura de xeito seguro en tempos tan incertos.

Jorge Llorca presenta a súa novela “O Anxo de Durero”, Premio Vicente Risco de Creación Literaria

Jorge Llorca presenta a súa novela “O Anxo de Durero”, Premio Vicente Risco de Creación Literaria. Unha novela cuxo título non podería ser máis artístico e que de vez, os apaixoados da arte e da historia da arte gozarán máis incluso do que os lectores menos sabidos no campo. E é que Llorca publica unha obra que leva ó lector á curiosidade por pescudar, por averiguar a obra e historia de cada artista nomeado no libro.

Diario Cultural das 17:30

Entrevista a Jorge Llorca pola novela ‘O anxo de durero’. Festival de San Sebastián. Colaboración de Beli Martínez sobre audiovisual galego.

Festival de Teatro Clásico de Lugo por un positivo no elenco actoral

O Festival de Teatro Clásico de Lugo viuse obrigado a suspender a función de “Macbeth o ruído e a furia”, prevista para mañá sábado, por un positivo no elenco actoral.

A mostra La Ribot estrea dentro do Plataforma no CGAC

Manual de uso é unha exposición de La Ribot (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos dos últimos vinte anos. As obras que integran a exposición están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades que ten para poder abordar diferentes traballos nos que un dos condicionantes principais é a temporalidade, unha cuestión que será tratada neste proxecto no CGAC, no que poderemos ver en directo a Pièce distinguée n.º 45, ademais dalgunhas das súas obras en vídeo, instalacións e fotografías.

Diario Cultural das 14:45

Apertura da exposición La Ribot, Manual de uso, co comisario Iñaki Martínez Antelo.

A XXVI edición d’O Escritor na súa Terra, impulsado pola AELG rende homenaxe en vida a Vítor Vaqueiro

A XXVI edición d’O Escritor na súa Terra, impulsado pola AELG rende homenaxe en vida a Vítor Vaqueiro este sábado en Santiago de Compostela coa entrega do galardón Letra E de escritor, peza escultórica de Soledad Penalta nun acto no Pazo de Raxoi ás 12:30; e a plantación dunha árbore simbólica e a colocación dun monólito conmemorativo no Parque de Galeras

O MARCO de Vigo acolle a mostra ‘Seda de cabalo’ de Manuel Vilariño

O MARCO de Vigo acolle a mostra ‘Seda de cabalo’ de Manuel Vilariño. Unha retrospectiva que reúne as poéticas obras do artista. 

Froitas, candelas, animais nos que intensifica as texturas, resalta as cores e traslada ao espectador unha visión onírica. Naturalezas mortas e bodegóns reiterpretados desde a melancolía. 

Diario Cultural das 10:30

O MARCO de Vigo acolle a mostra ‘Seda de cabalo’ de Manuel Vilariño. Unha retrospectiva que reúne as poéticas obras do artista. A XXVI edición d’O Escritor na súa Terra, impulsado pola AELG rende homenaxe en vida a Vítor Vaqueiro este sábado en Santiago de Compostela. 

E a nosa colaboradora Montse Pena danos hoxe as ‘Sete chhaves para abrir os soños’ de Alfredo Gómez-Cerdá, ilustrado por David Pintor e traducido por Isabel Soto para Kalandraka.

Pin It on Pinterest