Diario Cultural das 14:45
O Instituto Cervantes organiza hoxe unha xornada con motivo do Dia europeo das linguas.
O Instituto Cervantes organiza hoxe unha xornada con motivo do Dia europeo das linguas.
O Festival Cantos na Maré de Pontevedra inicia desde hoxe unha nova etapa en Santiago de Compostela, no Hotel NG Collection, renomeado como Maré-Musicas e Artes Atlánticas.
O Festival de Artes Atlánticas relánzase en Santiago cun formato de concertos e foros profesionais e de emprendemento cultural, citas audiovisuais e gastronomía. Tony Sa’MED, A Pedreira, Faia, LAR Legido, António Zambujo, Sabela ou Miguel Araújo son algúns dos protagonistas da cateleira de recitales.
O festival articúlase este ano nas seccións: MaréLab, un espazo de investigación para apoiar o crecemento da economía creativa; MaréNet, para situar Compostela como referencia do negocio das industrias culturais; CineMaré, cunha cateleira audiovisual procedente das culturas atlánticas; GastroMaré, un encontro entre cociñeiros e música para descubrir novos sabores e produtos; e MaréTV, o apartado audiovisual da plataforma de música Tolemias, desde a que se poderán seguir, ademais, moitas das actividades do festival.
Nace o Festival de Artes Atlánticas, Maré en Compostela. Falamos con Isabel Senlle, que é a directora artística do festival, e Gonzalo Constenlam director da Escola Oficial de Idiomas, organizador do Certame A(rit)mar
E ‘Black Beach’, ‘A diosa da fortuna’ e o clásico ‘Coa morte nos calcaños’ son motivo do comentario de Begoña Vázquez
Con Maximino Zumalave como director, as Xornadas de Música contemporánea pechan as súas portas por esa edición con músicas de G. Bacewicz, M. Balboa, X. de Paz e R. Groba.
A Real Filharmonía de Galicia pecha as Xornadas de Música Contemporánea, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave. Colaboración de Mario César Vila sobre arqueoloxía.
O Play-Doc en Tui e o Festival de Teatro Galego n’O Carballiño fanse coa escena artística galega nestes días
Comezan o Play Doc Fest de Tui e Fetega.
O Play-Doc arranca hoxe programación. Ás 20.30 no Teatro Municipal de Tui inaugúrase esta XVI cun concerto que mestura de tradición lírica galego-portuguesa e ritmos electrónicos de Laura Lamontagne e Picoamperio. E ás 22.30, no mesmo espazo, proxectarase A media voz de Heidi Hassan e Patricia Pérez.
Entrevista ao director do Play Doc de Tui, Ángel Sánchez. Concurso Musicando Carvalho Calero.
Cincuenta anos desde o inicio de todo na escola de maxisterio Padre Feijoo e cincuenta filmes para festexar medio século de existencia. Así celebran no Cineclube Padre Feijoo o seu 50 aniversario.
A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio da que toma o seu nome; o Cineclube Padre Feijoo, herdeiro da tradición cineclubista na cidade.